Mercadiño de Troco
Contra o consumismo: troca e reutiliza
Domingo 15 de Febreiro (periodicidade bimensual)
Praza Vella de Ferrol
10:00 h-13:30 h.
ou Edificio do Mercado Central-Ferrol (en caso de chuvia)
Mercadiño permanente en http://www.trocaferrol.org/
Eu troco, ti trocas,… nós trocamos
O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda e que diminúe as diferenzas sociais á hora de consumir.
Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra. Diminúe o impacto do transporte posto que pode pasar dunhas mans a outras dentro da mesma cidade, neste senso tamén é un xeito de achegar ás persoas. Pon en cuestión o valor actual dos cartos e amosa un xeito á marxe do capitalismo para consumir.
Rede de Troco de Ferrol
En Galiza estanse a desenvolver diversas iniciativas neste eido, algunhas xa en marcha, outras en proceso de realización (http://www.consomesoudevoras.info/ ). Este é o caso da Rede de Troco de Ferrol na que colaboran diferentes colectivos, AA.VV e persoas a nivel individual; comeza a andar coa celebración periódica de mercadiños de troco na Praza Vella e está a consolidarse cunha páxina de troco permanente: http://www.trocaferrol.org/
Como trocar?
Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que non fosen trocados, responsabilizándose dos mesmos.
Ademais...
Consideramos lixo aquelas cousas que non nos valen para nada. Mais, realmente non nos vale todo o que tiramos? Inda que non nos valla a nós, non terá a súa utilidade? Consume só o que necesitas (tamén no mercadiño de troco), reutiliza ou permite que outros reutilicen os teus obxectos e finalmente, cando a vida útil dos mesmos chegue á súa fin, sepáraos correctamente e deposítaos no contedor axeitado ou no punto limpo. Para complementar esta actividade de troco, levaránse a cabo obradoiros no propio mercadiño e haberá unha mesa onde levar de balde un dos obxectos que outras persoas non utilizan pero que non son lixo.
Trocaránse:
-Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.
_____________________________
noe -olaolaoola@hotmail.com-
14 de fevereiro de 2009 21:02
___________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, febreiro 14, 2009
Mercadiño de Troco!!! e tamén "loxa" permanente: trocaferrol.org !
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, febreiro 14, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon