De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de fevereiro de 2009 00:13
Asunto: I Encontro Ecoloxista
I Encontro Ecoloxista
[Sábado, 7 de Marzo de 2009, en Santiago de Compostela]
O Ecoloxismo, como movemento social, e a Educación Ambiental, como práctica educativa, comparten en boa medida orixe, traxectoria e obxectivos; tal é así que dende os anos setenta, os grupos ecoloxistas veñen desenvolvendo na nosa comunidade unha importante labor de información e divulgación ambiental, converténdose nuns dos actores máis relevantes na promoción da Educación Ambiental na Galiza.
Neste marco, nos últimos anos asistimos a varios acontecementos que están a provocar unha mudanza das formas de funcionar e de actuar dos grupos e tamén da súa forma de educar.
Atendendo a estes acontecementos, dende a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) queremos contribuír a reforzar o papel do movemento ecoloxista e a súa relevancia na promoción da Educación Ambiental convocando o I ENCONTRO ECOLOXISTA, que terá lugar o vindeiro 7 de marzo en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval).
Que quere ser o I Encontro Ecoloxista?
Os grupos e asociacións ecoloxistas levan desenvolvendo numerosas iniciativas en Educación Ambiental, elaborando recursos e materiais dun importante valor educativo. Porén, son escasos os foros nos que os colectivos teñen ocasión de expoñer e compartir conxuntamente a súa experiencia. É por este motivo polo que o primeiro, e quizais máis importante obxectivo deste I Encontro Ecoloxista, é o de servir de punto de encontro entre os grupos para contribuír así á posta en común de experiencias e recursos. Ademais, queremos facer tamén deste encontro un espazo para o debate no que analizar os puntos fortes e febles do movemento ecoloxista en xeral, e a súa relación coa Educación Ambiental, en particular.
Que queremos facer no I Encontro Ecoloxista?
- O primeiro, como dicíamos, poñer en común as experiencias e os recursos educativo-ambientais empregados polas asociacións ecoloxistas nos últimos anos.
- Ademais, gustaríanos traballar na elaboración dun Plan de Acción para a Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas.
Que é o que teñen que facer os grupos participantes?
- De partida, inscribirse... (a través do correo: feg@federacionecoloxista.org).
- En segundo lugar, co fin de facilitar as dinámicas participativas que terán lugar no transcurso do Encontro, cada colectivo terá que facer un pouco de memoria e cubrir a ficha que axuntamos a este convite. Ademais, tamén para facilitar o traballo, teredes a vosa disposición na páxina web da SGEA (www.sgea.org/fenix/) un resumo do diagnóstico elaborado sobre a situación da Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas.
- E finalmente, traer os recursos e materiais que consideredes máis interesantes e representativas da Educación Ambiental que desenvolvedes.
Programa do I Encontro Ecoloxista
que terá lugar o vindeiro 7 de marzo en Santiago de Compostela
10:00 – 10:30
Presentación do Encontro e os seus obxectivos a cargo dos/as representantes da FEG e a SGEA
10:30 – 13:00
Teatro – Foro
Empregando un mural cunha liña temporal na que xa marcaremos algúns fitos na relación entre o movemento ecoloxista e a Educación Ambiental, os grupos, coa axuda do dinamizador, irán expoñendo a súa historia, recursos e iniciativas en Educación Ambiental
13:00 – 14:00
Exposición dos resultados do Proxecto Fénix. Presentación do análise diagnóstico da situación da Educación Ambiental nos grupos ecoloxistas galegos.
14:00 – 16:00
Xantar colectivo para os/as participantes (o custo correrá a cargo da organización)
16:00 – 17:00
Dinámica participativa 1: definición de necesidades
Os/as participantes porán en común as necesidades identificadas nos seus colectivos en particular e no movemento ecoloxista en xeral.
17:00 – 18:30
Dinámica participativa 2: elaboración de liñas de acción. Os/as participantes elaborarán liñas de acción externas e internas para a Educación Ambiental dos grupos ecoloxistas, para despois priolizalas.
18:30 – 19:00
Descanso / café
19:00 – 20:00
Presentación de conclusións e clausura das xornadas
Posta en común do traballo desenvolvido nas dinámicas participativas e avaliación do Encontro.
Para calquera dúbida ou consulta que desexedes facer, estamos á vosa disposición en:
Federación Ecoloxista Galega
Quiroga Palacios 8, baixo Santiago de Compostela
981575444 feg@federacionecoloxista.org
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Travesía de García Prieto, 43, baixo. 15706 Santiago de Compostela
981 523 556 / 618 868 612
sgea@sgea.org
Xornadas/Cursos
Actividades de medio a varios días
Data: Sábado, Marzo 07, 2009 ás 10:00
Duración: 1 Día
Info Contacto:
981575444 - 981 523 556 - 618 868 612
Correo-e: feg@federacionecoloxista.org
URL: http://www.sgea.org
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon