Por Elena López
13.02.2009
Hoxe volvín a espertar con novas tristes, o "Porco Exterior-Exterminador" cagou por si, estaba solto e fixo aceite e glicerina, pero non pasa nada eh¡¡, é algo "natural e orgánico", tan natural como os monocultivos de oleaxinosas na Sudamérica para a obtención de "bio"diesel e como os milleiros de cagadas dos ferrolterráns.
O tapón da ría, converteuse unha vez máis nun asasino directo da vida mariña.
E coa morriña dun mar limpo, rico, libre e azul, escribo unhas liñas en memoria da ría de Ferrol:
Hoxe volvín a achegarme ao mar, á ría, esa ría que chora porque nunca quixo "facerse maior", madurar en sentido humano, facerse industrial, agrandarse o peito con recheos de cemento para parecer máis burguesa civilizada, á miña ría lle cortaron a cabeza, a miña amiga xa non pensa, porque se a deixaran se rebelaría salvaxemente contra a ocupación desorbitada da súas beiras, desvirxinadas ao máis puro estilo do violador desquiciado.
Pequena estás esterilizada con basuras e metales pesados, fuches tan maltratada que o teu leito é un estercoleiro e a túa forza azul é agora calma gris.
D.E.P.
Carqueija
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, febreiro 14, 2009
Porco Exterior
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, febreiro 14, 2009
Artigos relacionados
- O BNG propón ao pleno a interposición dun requirimento de derrogación que paralice a l
- Informacións do Grupo Municipal de ESQUERDA UNIDA Alegacións ao Estudo Informativo dos
- MacAndrews[1] asina un contrato coa concesionaria da terminal de contedores de Ferrol
- Documental de Rafael Ortega Mata [*] e Venezolana de Televisión C. A. sobre os feitos
- Por Manuel A. Cendán Dopico [*] 14.10.2009 Acaba o Gobernador do Banco de España de pas
- Por Lídia Senra [*]28.06.2016 Que o PP gañara onte as eleccións é unha moi mala nova,
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon