venres, marzo 20, 2009

21 de Marzo "Día da Árbore": ADEGA organiza plantacións na "Eira da Xoana" Ramil - Agolada

Tags

No 21 de Marzo "Día da Árbore", tes moitos xeitos de coidar os nosos bosques

O Día Forestal Mundial ou Día da Árbore celébrase cada 21 de marzo coa intención de impulsar a protección e coidado dos nosos bosques. Nesta data, é xa tradicional realizar plantacións, como a que ADEGA organiza en Ramil (Agolada). Porén, e aínda que a todos e todas nos gustaría contribuir nesta data plantando unha árbore, a realidade é que moitas veces non podemos por cuestión de tempo ou de espazo físico para facelo. Por iso, dende ADEGA apuntamos 10 ideas para comezar a poñer en prática este día que redundan en beneficios para os bosques sen ter que sair ao monte a plantar un carballo ou un castiñero (que tamén).

A xornada de plantación desenvolverase este vindeiro sábado día 21 nunha finca integrada na Rede de Custodia do Territorio, no lugar de Ramil (Agolada), ao carón das instalación da Aldea Verde (Eira da Xoana) de ADEGA. En semanas anteriores, na finca realizáronse labores de desbroce e eliminación de eucaliptos e acacias. Agora, pretendemos substituir estas especies invasoras por arborado autóctono, principalmente carballos. Pica para ampliar

PROGRAMA

  • Día e hora: sábado 21 de marzo, a partir das 10:30 da mañán e até primeiras horas da tarde.
  • Lugar: quedamos na Eira da Xoana, no lugar de Ramil, (Agolada). Ver mapa.
  • Xantar: de balde para os/as participantes.
  • Materiais: por conta da organización (aínda que se recomenda levar luvas).
  • Inscricións e contacto: Marcial Barral, vogal de montes de ADEGA. Móbil: 616627318
E se non podes participar, non importa porque con estas 10 IDEAS poderás contribuir á conservación dos bosques todo o ano.

Máis información: Local nacional (981 570099) ou na nosa web:
www.adega.info
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon