venres, marzo 20, 2009

Incoado expediente para a Declaración como Ben de Interese Cultural como Conxunto Histórico do barrio de Ferrol Vello

Asociación Veciñal de Ferrol Vello
-avvferrolvello@yahoo.es-
19 de março de 2009 16:00


  • UNHA NOTICIA HISTÓRICA, PARA UN BARRIO CON HISTORIA
  • O MOVEMENTO ASOCIATIVO, VECINAL E CIDADÁN EN XERAL ESTÁ DE ENORABOA, POIS UNHA VEZ MAIS COMO TANTAS OUTRAS VECES SE SITUA POR DIANTE DO POLITICO REPRESENTATIVO QUE CADA VEZ MAIS HABITUALMENTE NON ESTÁ Á ALTURA DAS DEMANDAS E RECLAMACIONS DE QUEN DEBERIAN REPRESENTAR
  • SAÚDOS E UNHA APERTA DESDE O CONXUNTO HISTORICO DE FERROL VELLO
  • FERROL VELLO SERÁ DECLARADO CASCO HISTÓRICO
Nunha resolución da Consellería de Cultura e Deporte do pasado 27 de febreiro incóase o expediente de declaración do Barrio de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural na categoría de casco histórico.

Esta declaración é producto do traballo da Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello e da Asociación de Veciños do barrio, que acadou o seu obxectivo a pesares de non contar co apoio do propio Concello de Ferrol. Tratouse polo tanto dunha iniciativa puramente cívica, á que dou cumprida resposta a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte, que demostrou unha grande sensibilidade á hora de atender esta iniciativa.

Esta resolución da Consellería de Cultura ven darnos a razón aos veciños do Muelle que sempre defendimos o valor patrimonial do barrio, xa que logo equipara a categoría e o interese patrimonial de Ferrol Vello ao nivel do Barrio da Magdalena, ao que é complementario en termos de valor histórico e cultural, segundo o propio texto da resolución da Consellería de Cultura, co que acompañamos esta nota.

O ámbito proposto para a declaración inclúe o propio barrio, xa catalogado polo Plan Xeral, a fronte do porto (avenida da Mariña) e o barrio de Argüelles. O ámbito de respecto proposto inclúe a Fábrica de Lapis Hispania, o Baluarte de San Xoán, e a Dársena de Curuxeiras.

Unha das consecuencias inmediatas da incoación do expediente de declaración de Casco Histórico é a obriga que adquire o Concello de Ferrol de redactar e aprobar un Plan Especial que ordene este ámbito da cidade, reivindicación xa vella das entidades que apoian dende hai tres anos a recuperación urbana do barrio. Outra consecuencia inmediatas da incoación deste expediente de declaración é a suspensión do efecto das licencias de agregación de parcelas, derribo e nova edificación no barrio e a prohibición de outorgar novas licencias deste tipo en tanto non esté aprobado o Plan Especial de rehabilitación.

Esto supón que, dende o día de hoxe, ata que esté aprobado o Plan Especial de Rehabilitación do barrio só se poderán levar adiante obras de rehabilitación no ámbito declarado. Entendemos que esta resolución desactiva definitivamente calquer interese inmobiliario especulativo, impulsando de xeito importante a política de rehabilitación xa en marcha.

Para os veciños de Ferrol Vello, e para a cidade de Ferrol, esta declaración debería supor un estímulo para confiar máis que nunca no extraordinario valor patrimonial que alberga esta cidade, xa que logo vai ser a única cidade de Galicia que conte con dous barrios declarados Ben de Interese Cultural.

O día 16 de Marzo de 2006 representantes da Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello manteñen unha primeira entrevista co Director Xeral de Patrimonio Cultural, Don Felipe José Arias Vilas, interesándose pola posibilidade de que Ferrol Vello fose declarado Ben de Interese Cultural.

A primeira solicitude de Declaración de Ferrol Vello como Ben de Interese Cultural diante da Consellería de Cultura e deporte data do día 16 de Maio de 2006, e foi presentada pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello.

Posteriormente, o día 30 de xaneiro de 2007, a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural solicitou á Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello completar a documentación aportada xunto coa solicitude.

En resposta a este requerimento presentouse, o 10 de febreiro de 2007, documentación complementaria á aportada na primeira solicitude.

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es

http://www.jazztelia.com/ferrol-vello/blog
_______

Baixar dos Arquivos Ártabros a Resolución da Direción Xeral do Patrimonio Cultural - en formato pdf- facilitada pola asociación veciñal
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon