venres, marzo 20, 2009

O Parlamento Europeo pregunta polas mentiras do Courel

Tags

SOS Courel -soscourel@mundo-r.com-
19 de março de 2009 14:07


Difunde por favor !!!

Willy Meyer de Izquierda Unida, preguntou no Parlamento Europeo sobre o estado da denuncia de SOS Courel:

http://willymeyer.blogspot.com

A raíz da denuncia nº 2005/4696, presentada por SOS Courel ante Comisión Europea, esta emprazou a España para levala ante os Tribunais de Xustiza Europeos. Pero algo alegaron dende a Xunta e do Goberno do Estado que tranquilizou as autoridades europeas.

Willy Meyer, solicitou á Comisión ver o expediente para saber das respostas das nosas Administracións e poder rebatelas, pero esta información demorouse de xeito inexplicable, polo que o parlamentario non tivo máis remedio que pedir esa información a través do propio Parlamento e así a Comisión está obrigada a contestarlle nun prazo moi breve.

SOS Courel enviou a Comisión Europea abundante documentación que deixa aos distintos e sucesivos gobernos nun clamoroso ridículo, incluídas probas audiovisuais como:

Un programa enteiro de “El Escarabajo Verde”, emitido en todo o Mundo





Un documental pormenorizado coa opinión, entre outras, de varios científicos, Unha Lousa sobre o Courel

http://www.namchefilms.es/

Estamos preparando unha nova queixa ante as Institucións Europeas, unha denuncia total; queremos que veñan delegacións ao Courel da Comisión, do Parlamento, da Oficina Antifraude, …

Porque isto para crelo hai que velo:

Mentres as canteiras medraron, algúns “politiquiños intelixentes e xenerosos” emprenderon unha destrución paralela e maliciosa co fin de que a catástrofe non tivera volta atrás, para botar as veciñas e veciños e xustificar incluso unha futura a saída da Rede Natura:

Para non disimular, utilizaron Fondos Europeos a esgalla.

Revolveron os montes sen piedade, con máquinas xigantes e por se non había combustible suficiente cambiaron hábitats protexidos por especies pirófitas; montaron un asombroso labirinto de pistas e cortalumes. Levantáronse varias casetas de vixilancia forestal e de seguido foron abandonadas. Xa levamos no inverno do 2009 dous incendios (Noceda e Campelo)

Aproveitando que había que mellorar un pouco algunhas estradas, taparon vales enteiros, entubaron ríos e regatos, estenderon entulleiras polas ladeiras ata o río Lor, non habilitaron nin un só paso para a fauna.

Inícianse as obras e logo abandónanse, así a estrada que comunica coa autovía A6, de catorce quilómetros, en seis anos non habilitaron para o paso nin a metade.

Xa está aprobado o primeiro parque eólico, de momento o único que incorporará publicidade do Camiño de Santiago nas torres.

Non imos parar mentres sigamos a recibir tanto ánimo e axuda.

Grazas a todas e a todos por arriscar, por sufrir, por escribir, polas imaxes, pola música, pola política xusta, ….. !

Perdoade que felicitemos a Raquel, polo grande éxito da fermosa montaxe audiovisual que ela lle regalou a súa Terra, o vídeo galego máis visto na rede



Saúdos

SOS Courel
Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
Santa Eufemia 32.
Folgoso do Courel.
27327-Lugo
NIF G27362474.
soscourel@mundo-r.com
Teléfono de contacto
607 22 58 87
http://soscourelsos.blogspot.com/
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon