venres, marzo 20, 2009

A Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña vai realizar cinco obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua

Tags

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, co fin de cumprir un dos obxectivos que establece o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento galego o 22 de setembro de 2004 (“Fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías e na telefonía móbil”), vai realizar 5 obradoiros de Novas tecnoloxías e lingua (3 na primavera e dous no outono) destinados ás persoas adultas da Coruña. Os ditos cursos van ser de 20 horas e vanse realizar en distintas asociacións da cidade.

Os obradoiros Novas tecnoloxías e linguas realizaranse nas datas e nas entidades seguintes:

  • Asociación de Mulleres pola Igualdade, rúa das Damas, 12, baixoDatas de realización: do luns 23 de marzo ao luns 27 de abrilHorario: luns e venres, das 18.00 ás 20.00 h
  • AA. VV. Agra do Orzán (rúa das Entrepenas, 38)Datas de realización: do xoves 26 de marzo ao xoves 7 de maioHorario: xoves, das 18.00 das 20.00 h e sábados, das 10.30 ás 12.30 h
  • AA. VV. Bens (lugar de Mazaído, s/n) Datas de realización: do luns 27 de abril ao mércores 27 de maioHorario: luns e mércores, das 19.00 ás 21.0 h

Para máis información, pode telefonar ao número 981 184 200, extensión 65603 ou nas propias entidades

Fonte: SNL da Coruña


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon