28 de marzo: "A Hora do Planeta"
Este 28 de marzo, das 20:30 ás 21:30h, tes una cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posíbel.
A iniciativa de WWF na que participa ADEGA xunta con outras organizacións é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia, na que participarán 1.000 milóns de persoas. A Hora do Planeta 2009 involucrará aos gobernos, ciudadáns e empresas nunha acción conxunta para chamar a atención sobre os efectos do quecemento global e esixir aos líderes políticos que actúen para controlar as emisións de CO2 antes de que sexa demasiado tarde. Até agora, máis de 1.700 cidades de 80 países comprometéronse a apagar as luces dos seus edificios máis emblemáticos, como xesto simbólico de apoio á Hora do Planeta.
Pica para máis información:
http://www.wwf.es/que_hacemos/
29 de marzo: novo ROTEIRO de ADEGA-Lugo. Da Ribeira Sacra ao Courel
Con estes roteiros tratamos de combinar o obxectivo lúdico co reivindicativo: ao tempo que camiñamos, gozamos da natureza e coñecemos o noso país, procuramos que a nosa presenza sirva para mover conciencias, denunciar agresións ambientais, sobresaír o valor ecolóxico dos nosos espazos naturais e reclamar a súa protección. Nesta ocasión faremos unha terceira visita ao Courel(dende Orxais até Froxán).
O percorrido será de dificultade media e de 10 km de lonxitude, ampliable a 13 km desde Orxais (pertencente á comarca da Ribeira Sacra) até o pobo de Froxán (inmerso no Courel). Nos dous primeiros quilómetros atravesaremos a Montaña do Lor no Concello de Quiroga. Dende os 935 metros do Alto do Capelo, pódese ollar todo o canón do Lor, dende o Cebreiro até Vilachá e dende Manzaneda até os Ancares. Logo baixaremos case todo o camiño durante sete quilómetros até o río Lor para tornar cara Froxán. No camiño atoparemos unha sorprendente confluencia de climas, de ríos, de montes, de luces e de sombras, … Incrible herdanza arqueolóxica, arquitectónica, etnográfica, xeolóxica, natural e cultural!
DOMINGO, 29 de MARZO
- Normal..............................................................................15 €
- Estudantes, xubilad@s e no paro..........................................12 €
- Socios/as...........................................................................10€
- Até 17 anos....................................................................... 5 €
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 (Mari Luz), ou 982240299 (local de ADEGA Lugo)
Levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño.
O bo humor é cousa de todos/as.
Próximos roteiros de ADEGA
- 19 de abril: Pena Trevinca
- 24 de maio: Serra do Xurés
- 20 e 21 de xuño: Monte Invernadoiro
- Do 30 de marzo ao 5 de abril: Calendario Fenolóxico 2009
Parte do principio de que os ciclos dos seres vivos son valiosos indicadores do clima, servindo para valorar a repercusión que a mudanza climática está a ter sobre as especies. Mediante saídas e cubrindo unha sinxela ficha pretendemos elaborar un mapa sobre a situación das árbores de ribeira. Esta actividade, concentrada no periodo do 30 de marzo ao 5 de abril, mostraranos unha “instantánea” da situación das especies seleccionadas ao longo do país, analisando o estado de floración no se atopan diferentes árbores e plantas.
Baixa a Ficha Fenolóxica 2009
É moi interesante que os que xa iniciachedes o traballo no 2008 o continuedes nesta xeira e os que esteades interesados/as en participar no lo fagades saber mandando un mail a pacobanhobre@adega.info
Podes baixar tamén o Informe Fenolóxico 08 cos resultados correspondentes ao pasado ano.
Máis información: Local nacional (981 570099) ou na nosa web:
www.adega.info
______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon