luns, abril 20, 2009

Apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón Klaus

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
20 de abril de 2009 12:16



Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un comunicado de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida en apoio das demandas expresadas pola A.VV. Fontelonga de Esteiro en relación con arranxos ligados ao ciclón Klaus e outros compromisos incumpridos. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, 20 de abril de marzo de 2009

  • O CONSELLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA SÚMASE AS DEMANDAS EXPRESADAS POLA A.VV. FONTELONGA PARA ARRANZAR AOS DESPERFEITOS NO BARRIO E CAMPUS
  • A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, RECLAMA CELERIDADE PARA ARRANXAR AS DESFEITAS PRODUCIDAS E O CUMPRIMENTO DOS OUTROS COMPROMISOS CONTRAÍDOS.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida expresa o seu apoio ás demandas da A.VV. Fontelonga de Esteiro nas que reiteran as súas demandas para arranxar os danos causados no barrio polos efectos do ciclón extratropical Klaus, que barreu a cidade o pasado na noite do 23 para o 24 de xaneiro.

Esquerda Unida critica a deixadez para non acometer dende entón a subsanación dos danos producidos polo ciclón cando van tres meses dende o seu paso pola cidade. A enumeración do que non se arranxou deixa en mal lugar a celeridade e dilixencia que requiren estas actuacións: xunto a Casa do Patín hai unha árbore arrincada e un pinsapo deitado; na Praza de Ferrándiz resta un banco rachado xunto a unha pola de grandes dimensións que aínda non se retirou; falta repoñer na Praza Carlos Casares dúas camelias e outras ao carón dos bloques III e II de Fernando VI.

As denuncias reiteradas exténdense as tapas da rede de sumidoiros nas rúas Profesor Vázquez Cabrera e Álvaro Cunqueiro. A asociación denuncia que a situación se arrastra dende hai 14 meses. Prazos inaceptables para conquerir unha resposta eficaz ás demandas da cidadanía.

Esquerda Unida nas verbas da súa Voceira Yolanda Díaz demanda celeridade e dilixencia ao Goberno Municipal para restaurar os danos producidos polo Klaus e mailo cumprimento dos outros compromisos contraídos por EMAFESA E CESPA. A nosa organización así o manifestará na vindeira Comisión de Servizos.

Xunto a isto hai outros compromisos que restan de antano e que distan de materializarse: sinalizacións e outras árbores comprometidas na confluencia con López Porta con Españoleto, no macizo central da avda. de Esteiro e entre Uxío Novoneyra e González Llanos e mías en Eduardo Pondal.
__________________

2 comentarios

Hoxe, anunciaron nos medios que Rosa Aguilar, deixaba IU, para ser Consejera de Obras Públicas de Andalucía, co PSOE. ¿ que creedes que faría Yolanda no seu lugar? EU-IU, máis que nada é unha rampa electoral, sen posibilidades.

Eu paso de votar a alguén que logo vai aproveitar o meu apoio en beneficio propio, ou de axudar a un partido electoralmente, para logo pactar ocn quen lle pete, sobre todo os cartiños e os carguiños


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon