avvferrolvello@yahoo.es
18 de abril de 2009 21:05
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE FERROL VELLO INAUGURA O VINDEIRO XOVES A SÚA BIBLIOTECA DE BARRIO.
O proxecto veciñal contou coa colaboración da Universidade da Coruña e da Consellería de Cultura e Deporte.
O vindeiro xoves día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, na segunda planta do edificio da Asociación de Veciños de Ferrol Vello, na rúa do Curro 1 (Paseo da Mariña) inaugúrase a Biblioteca de Barrio de Ferrol Vello, coa presentación ás 20.00h. da sección que esta biblioteca adica á Memoria Histórica, a cargo do historiador especialista en movemento obreiro Eliseo Fernández.
Este proxecto da Asociación de Veciños de Ferrol Vello contou coa colaboración da Universidade da Coruña, a través dunha beca para a realización de traballos de catalogación dos fondos existentes e tamén da Consellería de Cultura e Deporte, que aportou unha subvención para a adquisición dos fondos da sección de Memoria Histórica.
A biblioteca abrirase a partir do luns 27 de abril polas tardes, dúas horas diarias, de 17.00 a 19.00 h, contando cun fondo de máis de 4.000 volumes, destacando a xa mencionada sección de memoria histórica, o fondo local e o relativo á literatura infantil e xuvenil. Ademáis ofertará un punto de acceso libre a Internet, pretendendose como lugar de encontro e punto de información para os veciños do barrio.
Un saúdo desde "O CONXUNTO HISTÓRICO DE FERROL VELLO"
________________________
A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es
_________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
domingo, abril 19, 2009
Biblioteca de Barrio en Ferrol Vello
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, abril 19, 2009
Tags
Artigos relacionados
- Venres, 17 de Xuño, ás 7 da Tarde, Concentración convocada pola Asociación Veciñal de Fer
- De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.orgPara: artabra21@gmail.comData: 4 de Abril de 2007 16:
- Asociación Veciñal de Ferrol Vello-avvferrolvello@yahoo.es- 19 de março de 2009 16:00UNHA
- Asociación Veciñal Ferrol Vello-avvferrolvello@yahoo.es-2 de abril de 2009 15:47MAÑÁN VEN
- De: AVV FERROL VELLO-avvferrolvello@yahoo.es-Para: artabra21@gmail.comData: 1 de outubro
- Na loita por salvar da piqueta a Antiga Fábrica de Lapis Hispania non só se discute a per
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon