Comunicado de prensa da Vía Campesina
(Iacarta, 16 de abril de 2009)
As organizacións de labregos/as, traballadores/as sen terra, de mulleres rurais e da mocidade rural mobilízanse para o 17 de abril, Día Internacional da Loita Campesiña (1).
Este ano, até 100 accións tales como manifestacións, teatros rueiros, vídeo proxeccións, accións directas, conferencias, mostras de arte, mercados de alimentos locais, publicacións, intercambios..., están a ser organizados polo movemento internacional de agricultores Vía Campesiña, os seus amigos e aliados.
En Brasil as ocupacións de terras xa tiveron lugar en máis de 8 Estados para esixir o asentamento de 100.000 familias do Movemento Sen Terra (MST) e para denunciar o aumento do desemprego causado pola agroindustria e a crise económica. En España, varios grupos están a organizar máis de 17 eventos, incluíndo unha serie de protestas en contra dos transxénicos (OMG) que culminarán cunha manifestación masiva en Zaragoza baixo a lema “Non queremos transxénicos” (2).
A 13ª edición do Día Internacional da Loita dos Campesiños e das Campesiñas está a levarse a cabo mentres o mundo enteiro está sacudido por unha multi crise global que afecta á alimentación e a agricultura, ao medio ambiente, así como toda a vida económica e financeira.
Mentres tanto, a resistencia dos pobos é cada vez maior en todas partes e o movemento pola soberanía alimentaria está a gañar recoñecemento nas escenas política e social.
Só nunhas poucas semanas, o movemento mundial gañou importantes vitorias:
- O 30 de marzo, as negociacións para o Acordo de Libre Comercio entre Centroamérica e a Unión Europea derrubouse despois de que Nicaragua abandonase a mesa de negociación baixo a presión dos movementos sociais, incluídos os membros de Vía Campesiña.
- Este acordo podería forzar máis liberalización do comercio, mentres que a crise actual revela os perigos de deixar o mundo baixo a xestión dos comerciantes.
- O 6 de abril Vía Campesiña dirixiuse á Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova Yorke sobre a crise alimentaria mundial e o dereito á alimentación. Henry Saragih, coordinador xeneral do movemento campesiño, esixiu a adopción dunha Declaración dos Dereitos dos Campesiños polo organismo das Nacións Unidas (3).
- O 14 de abril, o presidente boliviano Evo Morais e 2.000 simpatizantes saíron con éxito dunha folga de fame esixindo que o Congreso votará a nova lei electoral que recoñeza a importancia das comunidades indíxenas no país.
"Estas recentes vitorias mostran que o vento está a virar e que chegou o momento de reorientar políticas alimentarias cara á produción local de alimentos e a agricultura sustentable", dixo Henry Saragih. No Día Internacional da Loita Campesiña, A Vía Campesiña reafirma que a agricultura campesiña ten que substituír á agricultura industrial orientada á exportación agrícola co fin de garantir subministracións estables de alimentos, o emprego en todo o mundo, alimentos sans para todos e a protección do medio ambiente.
La Via Campesina – Secretaria operativa internacional en Yakarta:
e-mail: viacampesina@viacampesina.org
Phone: +62 81513224565 or +62-21-7991890
http://www.viacampesina.org
(1) O 17 de abril foi declarado pola Vía Campesiña desde 1996 como o "Día Internacional da Loita Campesiña" como homenaxe aos dezanove campesiños do "Movemento Sen Terra" asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para acceder a certas terras.
Máis informacións sobre o 17 de abril e a declaración dos dereitos das Campesiñas e os campesiños no Kit de Mobilización en www.viacampesina.org
(2) A lista actualizada das accións e contactos locais pódese atopar en www.viacampesina.org.
(3) Mira o vídeo http://www.viacampesina.org/main_en/index.php?option=com_content
_______________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon