mércores, abril 15, 2009

Namche Films necesita colaboración para o proxecto: O Courel

Tags

Enrique-Fundacion
-ebanet@fundaciongaliciaverde.org-
15 de abril de 2009 00:03


O COUREL

Esta Semana Santa estivemos no Courel e quedamos abraidos pola diversidade das cores, impresionados polas luces marabillosas do comezo da Primavera, polas caprichosas formas dos vellos castiñeiros do souto da aldea de Vilar.



[Todas estas fotos pertencen a fotogramas do vídeo que estamos gravando en HD - Mabel Rivera & Henrique Banet]

No Alto do Couto sorprendeunos unha forte nevarada que achegará auga aos resecos vales, onde as abellas comezan a libar na procura do saboroso mel das flores nas que puidemos apreciar as máis intensas fragancias.

Sendo O Courel un paraíso, non habería que protexer tanta biodiversidade?

Dende NAMCHE FILMS, S.L. (Mabel Rivera & Henrique Banet) pensamos que si, por iso

DURANTE UN ANO PERCORREREMOS O COUREL FILMANDO OS CAMBIO ESTACIONAIS, ASESORADOS POR PRESTIXIOSOS ESPECIALISTAS, AO LONGO DE CENTOS DE QUILÓMETROS. PERO NECESITAMOS COLABORACIÓN PARA FINANCIAR TAN AMBICIOSO PROXECTO. ENTRA NA NOSA WEB www.namchefilms.es E MERCA UNHA COPIA ANTICIPADAMENTE: RECIBIRÁLA EN CANTO REMATEMOS O DOCUMENTAL, OU DEVOLVERÉMOSCHE OS CARTOS.

www.namchefilms.es
_______________________

8 comentarios

Eu necesito tamén financiación,vou facer casas unifamiliares na lua.
Cada parcela e de 10 ferrados.
Se pode ser primeiro o carto,xa falaremos do plazo de entrega.

UN DE FERROL QUE ESTASE XA A FARTAR DE ESTES DOUS........

SAUDOS

Pois eu vou mercar a a cinta ainda que non a reciba nunca, porque creo no traballo que fan Mabel Rivera e Enrique Banet e ademáis pensando só no material ( que non é o meu caso) os seus documentais teñen calidade. Ao anterior, comentario o meu desprezo sinceiro, porque non lle inetresa nada, máis que amolar, aos que fan algo.

Un que naceu en Fene, o 26 de maio do 1973, a actualemnte reside en Redondela. Apertas!

Non coñezo nin a Mabel nin ao Henrique, pero coido que seguen a dicir o mesmo que dicían. Non variaron un ápice, mentres que outros non poden dicir o mesmo, pois cando estaban na oposición dicían unha cousa, logo, no goberno, outra, e agora, que volven estar na oposición, igual volven de novo ao redil de defender Galicia sobre todo, por riba de estratexias para conseguir mandar, deixando no camiño o berce do que saíron e os compañeiros que fixeran a viaxe con eles.
Oxalá este país estivera cheiño de xente coma estes dous, que sobre todo falan galego sempre, e se lles nota, falan da defensa intransixente do país, e se lles nota, e din o mesmo no norte que no sur, no leste que nas Rías Baixas ou na Costa da Morte.

Eu tamen descoñezco desta xente,o que e VERDADE e que pediron o voto en blanco nas autonomicas.
Deron paso os caciques do pp.
Creo,desde miña modesta opinion que estanse a lucrar de tod@s

Si, si e verdade, todo voto que non sexa partidista e do PP. A xente non ten nada que pensar, nin cuestionar, ou queremos merda ou merda queremos. O caso e non aprender nada, e deixarse levar. Habia que ilegalizar a quen propuxera o voto en branco ou nulo ou non ir votar, habia que raparlle a cabeleira ao cero, e levalos a Audiencia Nazional. O que non comulgue, a fogueira! Que veña o PSOE o BNG ou o PP (ou calquer outro), que a mesma merda e!

Somos parvos, ou que? delete abril 15, 2009 8:21 p.m.

Si, o que non queira unha taza, duas! A tomar polo cu por Real Decreto! O que non me vote a min vota o PP, vale?

O que hai que oir! delete abril 15, 2009 8:36 p.m.

Si e verdade, estes dous honrados cidadans, que ninguen coñece, soiños, deron o paso aos do PP, e t
Touriño e Quintana, cas s´´uas respectivas organizaci´´ons, altos cargos, liberados e demais asalariados pola cara, simplemente deron o Paso-doble aos vellos, non te fode!

Todo o meu apio ao Courel e as grazas a Enrique Bonet e Mabel Ribera que de forma altruista están dar a coñecer a realidade cruenta que cerne sobre O Courel grazas ao señor Touriño.
As grazas polo apio en contra de Reganosa que existe grazas ao BNG.

Paréceme icrible os comentarios que acabo de ler. Non quero que Feijóo goberne nin ninguén do PP pero o bipartito deixou uns plans e seguían cunha política de cemento,tarabelas,recheos,destrucción de Galiza sen sentido e baixo o signo do capitalismo.Non para mellorar a calidade de vida de tódolos galegos senón a costa dos galegos e Galizapara os peitos duns poucos no falso nome do progrso.Onde está a auténtica alternativa.E mabel Rivera e Enrique Bonet non os mezcledes con polítca partidaria porque están fóra diso. Se un non quere ver os seus propios erros ou os que cometen os seus líderes políticos,en vez de buscar cabezas de turco totalmente alleas, que sexan o suficientemente valentes para facer autocríticas constructivas e abrilos ollos porque o PP non vai gobernar toda a vida e pouca diferencia haberá con respecto ao bipartito que deixoulle as cousas en bandexa,agás o tema do bilingüismo.Parece mentira canta ignorancia hai e que cegos e pouco concenciados da realidade na que vivimos aínda queda nesta terra nosa coa cantidade de medios alternativos e información a cal se pode chegar.Saúde e Terra.Unha forte aperta e parabéns a Mabel e Enrique


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon