Información tirada da web do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, publicada no día de hoxe. Pola súa importancia a transcribimos a continuación.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia publicamente un grave incumprimento da Normativa de Seguridade establecida pola Autoridade Portuaria para a atracada e desatraque dos gasieros cargados de GNL na Planta de Gas de Reganosa.
O gasero "Al Marrouna" cunha capacidade de 149.539 m3 excede da capacidade máxima permitida nesta Ría (140.000 m3).
Durante as operacións de descarga do "Al Marrouna", o pasado luns 13 de Abril, outro buque atracou na súa proximidade, contraviniendo a prohibición de navegar ou manobrar a menos de 200 m. dos gaseiros no interior da Ría.

Reganosa e Autoridade Portuaria -que nin sequera segue as súas propias normas de seguridade- están pondo en gravísimo risco, de forma continuada e premeditada, a toda a poboación da Ría de Ferrol.
Antes que suceda a anunciada catástrofe -aínda estamos a tempo-
¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA !
Extracto da Normativa de Seguridade
Segundo a EN 1532, apartado 7.2.1 Zonas restrinxidas do porto: "Co fin de protexer contra colisións co buque cisterna de GNL mentres está amarrado, as autoridades competentes e o operador do terminal deberían establecer ao redor do punto de atracada zonas limitadas para o restante tráfico marítimo"
Neste sentido as "Normas de Seguridade para a entrada, atracada, desatraque e saída de grandes buques gaseros na Ria de Ferrol", en vigor desde maio de 2007, no seu punto relativo a Reviro e Atracada ao peirao (páx. 4) especifica: "Unha vez atracado o buque na terminal, establecerase unha zona de seguridade ao redor do mesmo de 200 m, distancia mínima que manterá calquera buque que navegue pola ría de Ferrol".
Nestas mesmas normas e no punto relativo a Gardas de remolcadores (páx. 5), especifica entre as funcións a realizar polo remolcador en caseta by durante toda a estancia do gaseiro na terminal "... e para controlar que ningún outro buque entre na zona de seguridade establecida ao redor do buque..."
En canto á capacidade, nas mesmas normas (páx. 1) especifica que buques enténdense por grandes gaseiros: "Por gran buque gasero entenderemos, buques con capacidade inferior a 140.000 m3 e eslora total inferior a 300 m".
____________

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon