Micki -ser_tb_algo_mas@yahoo.es-
2 de abril de 2009 19:57
Compañeir@s, este sábado 4 de Abril, quedades invitados a escoitar un novo espazo de "O Recuncho". Neste novo programa prestaremos especial atención aos seguintes temas:
- AXUNICA é unha ONG de cooperación para o desenvolvemento económico e social de los nicaraguanos, falamos con Ana Mª Vila Montero, fundadora deste proxecto.
- Tratamento especial do Festival de Radio Filispim que se realizará o xoves 9 de Abril no “Inferniño”. Falaremos con André “o pequeño Monstro”.
- No espazo adicado á poesía trataremos a Alfonsina Storni.
- No estudo, falando con nós de Teatro estarán Fernando Ocampo e Esperanza Vidal que nos traen unha sorpresa en formato de serial.
- No apartado musical entrevista con Batuko Tubanka
- Coma sempre, teremos os apartados que nos trae Iago Montes “Os menoss media” e “De gratis”.
"O Recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM e Radio Piratona de Vigo.
www.recunchofuco.blogspot.com
__________________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon