A regasificadora da Ría de Ferrol non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida.
Segundo o último informe de Enagás de Abril 2009, páxina 19, a regasificadora inxectou á rede durante este mes un 35% menos que o mes de abril do ano pasado. A regasificadora traballou en consecuencia a un 29% da súa capacidade e por segundo mes consecutivo. A pesar de ter o monopolio de subministración de gas en Galicia e de pechar a billa do gasoduto do sur (Tui), a planta regasificadora da Ría de Ferrol non é capaz de alcanzar de novo a produción comprometida no proceso de aprobación da Comisión Nacional da Enerxía [CNE]. Nestas circunstancias: Por que a regasificadora da ría de Ferrol pretende duplicar a súa capacidade de regasificación duplicando ademais tanto o dano á Ría debido ás verteduras inxentes de auga de mar contaminada así como os riscos á poboación?
OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL , MAIO 2009
A PLANTA REGASIFICADORA DE FERROL NON ALCANZOU NO MES DE ABRIL O 30% DA SÚA CAPACIDADE DE REGASIFICACIÓN
Segundo o último informe de Enagás de Abril 2009, páxina 19, a regasificadora inxectou á rede durante este mes 1.097 GW.h, un 35% menos que o mes de abril do ano pasado pois se forneceu uns 1.678 GW.h. A regasificadora traballou en consecuencia a un 29% da súa capacidade e por segundo mes consecutivo.
Esta capacidade de regasificación rexistrada en abril foi menos dun 1/3 da capacidade que os promotores comprometeran cando solicitaron a aprobación da súa construción.
Temos que recordar que esta capacidade tan baixa rexístrase a pesar que Enagás pechou a billa do gas que procede de Portugal (por Tui), que a regasificadora ten o monopolio de subministración en Galiza e que ademais se viron obrigados a aceptar unha subministración adicional á -meseta-. Medidas que, segundo o presidente de Enagas, tomáronse para que a planta non se "colapsase".
O compromiso dos promotores da regasificadora era o de alimentar catro ciclos combinados a gas natural, fornecer 500 millóns de mᵌ ao ano ás industrias do grupo Tojeiro así como a outros consumos convencionais da zona. A realidade é que os ciclos combinados non funcionan nin n'As Pontes nin en Sabón e das industrias do Grupo Tojeiro nin se saben delas.
Con este panorama industrial: Por que a regasificadora da Ría de Ferrol pretende duplicar a súa capacidade de regasificación duplicando ademais tanto o dano á ría debido ás verteduras inxentes de auga de mar contaminada así como os riscos á poboación?
Transcribimos artigo de hoxe día 24 de maio de Diario de Ferrol:
A crise reduce a mínimos históricos a produción da térmica das Pontes
Por Montse Mayoral
O acusado descenso de actividade en determinados sectores da industria española e o incremento das enerxías renovables marcaron un ano inédito nas tres décadas de historia da térmica d'As Pontes. A produción caeu ata niveis que, segundo recoñeceu onte o director da central, Luís Fernández de Sabugal, non se recordan.
Durante máis dun mes, a comezos deste ano, só funcionou na central de Endesa un dos catro grupos de transformación. Foi unha situación inédita na térmica, consecuencia da crise económica e o parón de actividade na industria. Recortes na produción como o que aplicou Alcoa, cara a cuxa fábrica parte directamente unha das catro liñas de distribución d'As Pontes, son causa directa de tal circunstancia.
O director da central, Luís Fernández de Sabugal, comentou onte que ao descenso do consumo de electricidade sumouse, ademais, que este ano entrou en operación máis enerxía renovable. "Rede Eléctrica fala no seu informe dun incremento de potencia do 5%, uns 4.000 megavatios, e deles máis de 3.000 son de renovables -explica o responsable de Endesa-; hai 1.400 megavatios, o equivalente á potencia desta central, que corresponden á enerxía solar".
O sistema dá preferencia sempre ás fontes renovables e, en casos de caída do consumo, sitúa ás centrais térmicas ou nucleares ao final da cola. No entanto, Luís Fernández de Sabugal mostrouse convencido de que pronto haberá un repunte do consumo e a central d'As Pontes volverá ao seu ritmo habitual de funcionamento, cos catro grupos en marcha e producións ao redor dos 10.000 gigavatios anuais.
OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL, Maio 2009
Saúdos,
www.f-cape.org
Enviado por:
Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com- 24 de maio de 2009 18:56
Colectivo universitario opositor a Planta de Gas dá Ría de Ferrol (Galicia)
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Ferrol-CAPE
Planta de gas
Reganosa
O Observatorio de Plantas Regasificadoras de GNL informa: REGANOSA non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida
domingo, maio 24, 2009
O Observatorio de Plantas Regasificadoras de GNL informa: REGANOSA non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, maio 24, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon