martes, xullo 28, 2009

Afonso Cabaleiro, gasta 19.688 Euros da Xunta o día da enquisa e entrevista de Feijóo en 'La Voz de Galicia' onde foi empregado

Interesante noticia publicada en Xornal de Galicia, polo seu interese facemo-nos eco desde Ártabra 21.

Xornal de Galicia | Sábado, 25 Xullo, 2009 - 06:54

La Voz de Galicia nunha enquisa por dar o titular "Feijoo, o líder político máis valorado", ingresa nas súas contas 19.688 € dos fondos públicos dos galegos a través da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.


O diario de Galicia "La Voz de Galicia" saca no seu diario impreso o Día de Galicia unha enquisa onde se mostra fachendoso por enaltecer o Goberno de Feijóo con resultados afíns á Xunta de Galicia, onde o PPdeG sae mellorado cun "Feijoo, o líder político máis valorado".

Pero o máis sorprendente é que nas súas primeiras páxinas pode verse unha entrevista do titular do Goberno Galego Alberto Núñez Feijóo non menos populosa e chea de eloxios como na mesma enquisa, pero o lector é intelixente e salta á páxina 17 impar (19.688 Euros dos fondos públicos dos galegos) e atoparase cunha publicidade da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral cos Medios de Comunicación cuxo titular é Afonso Cabaleiro e antigo empregado de La Voz de Galicia.

Husmeando noutros medios da comunidade galega, non foi posible ver outra publicidade igual ou de parecidas circunstancias, o que fai sospeitar na presunta "corrupción e manipulación da información desde a Secretaría Xeral" e de cuxo titular é o xornalista Afonso Cabaleiro.

Habería que preguntarse se Cabaleiro pagaría 19.688 € sen a entrevista e sen ser Feijóo o mellor valorado ......?

Referencia tarifa publicidad La Voz de Galicia:

Referencias digitales:
Fonte: xornalgalicia.com
______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon