CADERNO ABERTO
Por Miguel Anxo Fernán Vello
28.07.2009
Lembrarán vostedes aquela frase de Xesús Palmou, ex secretario xeral do PP e ex conselleiro de Xustiza: "Non se pode querer a Galicia e non ao galego". Declaración esta, sen dúbida, admirábel. E sobretodo -foi pronunciada recentemente- por vir dun alto dirixente do Partido Popular. Mais de frases está o mundo feito. Hainas de toda caste e de todo alcance. Xúlguenas vostedes. Agora o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, tamén labrou a súa frase, que lembra algo a de Palmou: "Non se pode amar a Galicia e pórlle un pé no pescozo". Verdade certa. Porque existen políticos e persoas en xeral que din profesar moito amor por Galicia e logo, na práctica, seguen aquilo que un día dixo Francisco Vázquez, experto en temas históricos españois: "La única comunidad que tiene un concepto histórico diferente es Navarra y, si me apuran mucho, Granada". Excelente. Como tamén resulta excelente ese Núñez Feijóo que se autodefine -aí vai a frase- como "unha persoa que respecta profundamente e ama profundamente a nosa lingua", para engadir a continuación que a vai "protexer" mentres sexa presidente de Galicia. Está visto que as frases non son máis que frases; flatus vocis, que dirían os filósofos nominalistas. Porque ese mesmo Feijóo da frase pasa a eliminar pola vía de urxencia a obriga de coñecer a lingua galega para optar a un posto na administración pública. Ou sexa, a lingua que "ama profundamente" o presidente da Xunta xa non terá que ser sequera coñecida, xa non digo falada, por funcionarios públicos que ofrecerán atención a cidadáns galegofalantes. Estraño amor, estraño amor "profundo" o de Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, pola lingua galega. E faino en nome, iso si, da liberdade. A Academia Galega xa lle dixo, polo suave, que estaba a realizar unha política "desprotectora" do idioma propio de Galicia. E, xa que vai de frases, lembremos aquela do escritor francés Marcel Aymé: "Algunhas persoas son tan falsas que xa non son conscientes de que pensan xustamente o contrario do que din".
Publicado en Galicia Hoxe
______________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xullo 28, 2009
Frases
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xullo 28, 2009
Tags
Artigos relacionados
- Por Lupe Ces 06.05.2010 Umha situaçom de confusom geralizada semelha estar consolidando-s
- A esquerda precisa romper com a distância que há entre teoria e prática, aconselha o poli
- Por Celso Posada Fernández [*]29.03.2016 O Acordo entre a UE e Turquía, aprobado o pa
- ¿Que fai Feijoó, ademáis de lle levar flores de defunto a Alfonso Daniel e encriptar o xe
- Por Perfecto Conde08.07.2009 Miguel Ánxel Souto xa é oficialmente conselleiro-delegado e
- Por Ivan Rivas [*]31.05.2016 Hai tempo alguén afirmou que o impulso fundamental no se
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon