Produtores lácteos mobilizarán uns 3.000 tractores que circularán por Santiago e Lugo esta semana para esixir a Xunta e Goberno central axudas directas "de inmediato" e solucións dirixidas a evitar o peche de explotacións e a "morte" do sector leiteiro galego.
"É unha chamada á desesperada do sector pola súa supervivencia", explicou o xerente da Asociación Galega de Cooperativas (Agaca), Higinio Mougán, na presentación desta 'Semana en branco' que terá lugar entre mañá e o venres, tras advertir de que as mobilizacións non pretenden ser "unha agresión á cidadanía".
Os vehículos transitarán mañá e o mércores por rúas do centro da cidade da Muralla e o martes pola capital galega, se ben algúns tractores participarán nos actos previstos ante os establecementos da distribución comercial en Santiago.
Ver Tratorada xullo Lugo nun mapa máis grande
En Compostela, os vehículos chegarán dende distintos puntos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra e comezarán a concentrarse no mercado de gando de Amio ás 10.00 horas. O martes desenvolverase a xornada de tractorada polo centro da cidade dende as 10.30 horas, mentres que o mércores a protesta se trasladará a varios establecementos de LIDL, Maxi Día e Eroski-Vegalsa da capital galega e os seus arredores.
Ver Tratorada xullo Santiago de Compostela nun mapa máis grande
O xoves, os produtores lácteos realizarán unha manifestación que arrancará no mercado de gando de Amio e concluirá ante a sede da Xunta en San Caetano. Finalmente, o venres sindicatos e cooperativas celebrarán senllos actos de información aos consumidores na Praza Roxa e Porta Faxeira.
No caso de Lugo, o luns producirase a chegada de tractores á explanada do recinto deportivo do Pombal e a circulación dos vehículos nunha protesta polo centro urbano ata as 17.00 horas. As actuacións ante grandes establecementos comerciais serán o martes, mentres que o mércores volverán circular os tractores, o xoves realizarase unha manifestación a pé ata a Subdelegación do Gobierno e, xa o venres abandonarán a cidade.
Fonte: xornal.com e sindicatolabrego.com
__________________
1 comentarios so far
Somos se cadra pouc@s, pero algúns/has consumidores/cidadáns queremos protestar tamén polo arruinamento intencionado do rural, e a sobre protección dos intereses da distibuidoras alimentarias. Estams matando a galiña dos ovos de ouro. Non podemos pasarb tanto d@s nos@s labreg@s. O futuro da humanidade depende deles. Europa non pode converterse en dependente, tenque ser autosuficiente, e autoabastecersa.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon