A primeiros dos anos oitenta o meu amigo Miguelito (daquela veciño coma min do en construcción ferrolán bairro de Ultramar), descubriume unha radio que me acompañaría e marcaría radiofónicamente co paso dos anos.
Para situarvos na escena, O pequeno monstro aos quince anos non foi heavy, foi nova oleiro tirando a punkarra. No dial ferrolterráqueo a FM semellaba unha terra por conquistar, mais nun punto do seu dial e nunha praia con augas ben fresquiñas, andaba a chapotear o Pequeno Monstro.
Tratábase de Radio Popular de Ferrol no 88,5 FM, quen cunha estupenda programación enlatada baixo o nome de "La Radio Feliz", abanderaba aquela praia (naquela paisaxe case deserta da FM local) que certamente valiálle a dirección daquela radio para encher "ocos". Mais for como for, naquelas augas descubrín a bañistas coma coma Manolo Gato, embarcacións coma "Jazz´tamos aquí", "El cubo mágico" (de tres caras) ou o memorábel Bumerang de do desaparecido do panorama radiofónico Agustín Galán.
Mentres, retumbaba polos inmensos altofalantes o máis raiboso son do momento: Rádio Oceano, Viuda Gomez e Hijos, Siniestro Total, Golpes Bajos, Metro, Parálisis Permanente, Los Desechables, Decibelios, Derribos Arias, Los Modelos, Sindicato Malone, La Mode... cantas cintas casete gravadas coas músicas daqueles programas e que logo levaba ... a praia!!!
Coincidentemente, poucos anos despois, esa mesma emisora me deu a primeira oportunidade coma locutor e programador musical. Nun espazo semanal duns 30 minutos chamado Adictos al Imperdible, xunto a Pedro e Angel (finados ambos moi novos e aos que uniume unha fonda amizade), pinchábamos os discos de Kaka de Luxe e demáis herbas, ante a mirada atónica de José Maillo, daquela director de Radio Popular de Ferrol, quen non tardou en cancelar tan inocente convite a pór aqueles discos tan "ocorrentes".
Estamos a falar de mediados dos oitenta, donde a FM na comarca era unha praia virxe e donde todo o mundo ouvía e participaba do hoxe memorábel programa nocturno Música y Estrellas da mencionada Radio Popular de Ferrol. Naquela paisaxe da FM local, poucas praias máis nas que navegar, agás unhas novisimas Radio Fene que comezaba as súas emisións no 1984 e Radio Galega (1985), a Cadena Ser, Radio Nacional cos seus catro canles (si, a canle galega de Radio Nacional, Radio 4, da que hoxe se sigue reclamando a súa volta!) e unha añorada por altenativa e innovadora Radio Cadena Española, fulminada por decreto en cuxo dial instalaron Radio 5, que logo sería "todo noticias".
Canto que falar, cantas lembranzas!!!. A existenza do Pequeno Monstro marcada por acontecementos radiofónicos, sempre esculcando no dial, tentando sintonizar algo doutros planetas... outras praias!!!
Mais volvamos a Radio 3. Así, foi como aquel amiguiño meu encarriloume cara unha unha xoven Radio 3 que daquela, meiados dos oitenta, sintonizábase na comarca en són monofónico e cuxa programación deixoume certamente impactado. Se ben as primeiras emisións estatais de Radio 3 datan de 1979, as súas orixes parten do chamado Tercer Programa de RNE, que dende o 1953 viña a emitir tan só para o dial madrileño con contidos educativos e culturais e logo ampliando a súa programación a temas musicais.
Programas musicais coma: Trébede, Esto es Jazz, Disidentrés, Dialogos 3, Cuando los elefantes sueñan con la música, El Diario Pop (cos seus tres locutores orixinais en acción nocturna). De contidos desafiantes: Caravana de Hormigas (e dentro del Pensamiento 3 con Agustín Garcia Calvo), Tiempos Modernos con Manolo Ferreras. Programas construidos con imaxinación a esgalla: Tris Tras Tres, Rosa de Sanatorio, Chichirichachi, Un Mundo Feliz, Jack el Despertador...
Esa Radio 3 non é hoxe xa o que foi. Mais, si quero lembrar (e reivindicar!) a tod@s eses monstros da radio que tanto me influiron e formaron radiofónicamente: Carlos Faraco, Diego Manrique, Juan Francia, Pedro Soler, Federico Volpini, Manolo Ferreras, Jose Luis Moreno Ruiz, Juan Pablo Silvestre, Ramón Trecet ou mesmo o ferrolán Jesús Ordovás ... a tod@s eles, grazas!!!!!
Non esquezo os informativos de Radio 3, que por libres foron eliminados da programación. Elaborados por Macu de la Cruz, Eduardo Moyano, Jesús Vivanco e Juan Izquierdo, hoxe os recuperamos dentro dos audios do maraton de 30 horas de radio que vén de conmemorar o 30 aniversario desta importante emisora estatal e sobre todo coas voces e re-edicións especiais daqueles primeiros programas da Radio 3.
Este audio que segue analisa o traballo que se facía dende aqueles informativos, contextualizándoos co momento socio-político daquel Estado español dos primeiros oitenta, ao atizar sen clemencia o carácter sesgado dos boletíns informativos das radios (mass media en xeral). De quererdes máis, esta hora e as 29 restantes de programación especial polo 30 aniversario da terceira canle de RNE, poderédelas ouvir e descargar na web de Radio 3, un documento imprescindíbel para entender aos monstros/locos da radio.
Foto superior: Estudio de Radio 3 en 1983.
Foto lateral dereita: Jesús Ordovas (Radio 3) e o André Pastor (Radio FilispiM) no Ateneo Ferrolán en 2008.
Enviado por:
Pequeno monstro
-radiomonstro@gmail.com-
5 de julho de 2009 18:39
http://pequenosmonstros.blogspot.com/
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon