mércores, setembro 09, 2009

Comeza a quinta tempada de Rádio FilispiM, 93.9 FM

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhU7GoCB6gaV9CvXMYC8zUmBjeq93E8PcRcu_C7Gg2L2K0mtJok816cFzHmkxVyY1EwXOVeA94-WvmghQyIP8IUQstBEfMgATEjYpCuf7VpPC-6XdO1CeMO5Onn9UP4lcJR_mJR/s1600/RFM+Informativos.jpg


Rádio FilispiM, abre o prazo de presentación de propostas de programas para o curso 2009/2010


O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar. A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.


Rádio FilispiM é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.


PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.
Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.


Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.


SESIÓN VERMÚ.
Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.


VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.


EN REDE.
Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.


Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.


Participa!!!!!
________________________

Enlace relacionado:


____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon