xoves, outubro 15, 2009

ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a Reganosa

Por reiterados incumprimentos do permiso e ocultación de información.

Ferrol, 13 de outubro de 2009.

A Planta de REGANOSA, mesmo dende a súa entrada en funcionamiento (oficial) en novembro de 2007, vén incumprindo os termos da autorización de Augas de Galiza para a vertedura de augas residuais á ría de Ferrol (Resolución do 13 de decembro de 2005). Nestes 2 anos, REGANOSA xa leva vertidos 93 millóns de m3 de auga tratada con hipoclorito sódico, ocultando as concentracions de cloro que realmente verte á ría así como as temperaturas das augas vertidas
. Solicitude VERTEDURAS REGANOSA.pdf Solicitude ADEGA VERTEDURAS REGANOSA (21 KB)

REGANOSA utiliza a auga do mar no proceso de regasificación do gas natural, xa que o gas chega á planta nos buques en estado líquido a unha temperatura de –1690C. Permanece almacenado nos tanques en forma líquida até o momento de ser introducido nos gasodutos, que é cando precisa ser quentado para lle devolver o seu estado gaseoso. Neste proceso de regasificación REGANOSA bombea auga da ría e a fai pasar por un intercambiador de temperatura, quecendo o gas natural para pasalo ao estado gasoso. No proceso, a auga mariña sufre un notable enfriamento previa a ser devolta á ría. Amáis disto, REGANOSA engádelle cloro á auga do mar en forma de hipoclorito sódico (lixivia) coa fin de esterilizar a auga captada e impedir que algas, mexilóns e outros organismos obstrúan as tubarías do sistema de refrigeración.

A autorización de vertedura a REGANOSA por parte de Augas de Galiza está sometida a certas condicións:
  • A oscilación de temperatura entre a auga captada e a vertida non sea superior a -6ºC.
  • A concentración de Cloro non pode ser superior a 0,1mg/litro.
REGANOSA presenta, tanto para o cloro como para a temperatura, uns valores promedio que non teñen correlación algunha cos valores límites autorizados por Augas de Galiza. Estas medicións teñen que ser realizadas EN CONTINUO e presentarse con periodicidade mensual e na forma establecida no permiso de vertedura, ao organismo público Augas de Galiza.

Portanto, REGANOSA está a furtar información á administración e á cidadanía, xa que a información que está obrigada a presentar nunca foi entregada por REGANOSA á administración. Por esta razón, ADEGA volta a solicitar a Augas de Galiza a información referente aos níveis de cloro e temperatura que no seu momento determinou através da resolución do 13 de decembro do 2005. E dado o reiterado incumprimento desta, solicitamos a revogación/anulación do permiso de vertedura a REGANOSA.

Documentación:

Fonte: adega.info
______________

Detalle de documento e fotos en Ártabra 21 datados en Xuño de 2007:

SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA

As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal.


[Clicar acima das fotos para ampliar]


Enlace relacionado moi interesante:

   _______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon