domingo, novembro 22, 2009

Concentración Comarcal en Fene no "Día Internacional da loita contra a violencia machista": Mércores, 25 de Novembro de 2009


"Todas as ferramentas contra as raíces da violencia"
25 Novembro de 2009 - Día Internacional contra a violencia de xénero

Cinco son as mulleres que perderon a vida até o momento na Galiza no que vai de ano 2009. No mes de xaneiro, María Teresa Troncoso en Nigrán (43 anos); no mes de febreiro, María Socorro da Silva, en Ourense (26 anos); no mes de xullo, María Luz Tapia, na Coruña (38 anos); no mes de agosto, Ubaldina Pazos, en Coristanco (70 anos); no mes de setembro, Laura Alonso, en Toén (19 anos). Repetimos e lembramos os seus nomes porque, xunto a elas, existen os nomes de miles de mulleres que cada ano presentan denuncias por agresión nos xulgados, constatando que a violencia contra as mulleres segue a ser unha realidade que non recúa.

Nos últimos tres anos, máis de 53.000 homes foron condeados a penas de prisión por violencia de xénero. O 60% deles recoñece o delicto, pero o minimiza e o xustifica, demostrando que existen crenzas moi enraizadas na sociedade de que a violencia contra as mulleres forma parte natural da masculinidade.

Diante desta realidade, moitos sectores sociais e institucións fan un esforzo constante para protexer ás vítimas, condear aos agresores e previr a violencia machista. Mentres, outra parte da sociedade fai dos asasinatos de mulleres un espectáculo mediático. Segue primando no tratamento informativo o espectáculo, o morbo, o simplismo, e mesmo os mitos e crenzas que rodean e alimentan a violencia machista, en vez de fomentar a análise e a reflexión que fagan avanzar á sociedade cara ao fin da violencia.

Asistimos, paralelamente a este espectáculo informativo, a unha ofensiva desde os poderes máis conservadores, quen solicitan aumentar as penas para os agresores, reformar a lei do menor para que poidan ir ao cárcere por estes delictos, ou mesmo, algúns sectores máis extremistas, piden a pena de morte.

Todo isto sen estar dispostos a remover nin un anaco as raíces que sustentan a violencia machista, e que tan ben están representados no seu modelo social, económico e relixioso. Antes ben, esas voces conservadoras, van reivindicando nos parlamentos, nos governos e medios de comunicación que dirixen, ou mesmo manifestándose na rúa, un retroceso nos dereitos das mulleres, como é no caso do dereito ao aborto, ou o recurso contra a Lei de Igualdade, sen esquecer os ataques aos servizos públicos e prestacións sociais, que son unha das bases nas que se sustenta a plena integración social das mulleres.

Desenmascarar ese modelo conservador, que pretende limitar dereitos, liberdades e recursos, debe ser unha prioridade para todas nós. Existen xa algunhas ferramentas para axudar ás mulleres a saír da situación de violencia na que viven: medidas de protección, ordes de alonxamento, xulgados específicos, recursos asistenciais e económicos, etc. Aínda así, estas ferramentas non foron útiles ou suficientes para salvar a vida das mulleres que foron asasinadas.

Por iso, desde a MMM, este 25 de Novembro, reivindicamos a posta en marcha de todas as ferramentas necesarias nos ámbitos da educación, a cultura, o ensino, a sanidade, a xustiza, as institucións políticas, as relixiosas, os medios de comunicación, a sociedade, etc... así como a optimización e a utilización de todas as ferramentas xa existentes, que faciliten que toda a sociedade sexa quen de arrincar as raíces que sustentan a violencia machista e parar xa e dunha vez por todas as agresións de todo tipo que sofren as mulleres e as nenas. Non podemos seguir asistindo aos asasinatos de mulleres como algo que pertence á rutina informativa ou ao espectáculo mediático.

Acto na comarca de Ferrol Terra da Marcha Mundial das Mulleres

Ferrolterra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:00 hrs.
Praza do Ameneiral (Praza Verde) de Perlío-Fene


Outros actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Ourense
Martes, 24 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Ferro

A Coruña
Mércores, 25 de Novembro
Roteiro reivindicativo ás 18:00 hrs
Saída desde a Praza Pontevedra con lectura de comunicado no Obelisco

Vigo
Mércores, 25 de Novembro
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a rúa do Príncipe (Diante do MARCO)

Compostela
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Toural

Pontevedra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo


Entrevista con Charo Fernández Velho


A integrante da Coordenadora Local de Compostela da Marcha Mundial das Mulleres, Charo Fernández Velho, foi entrevistada no programa "A Tarde" da Radio Pública Galega, co motivo do 25 de Novembro de 2009, Día Internacional da loita contra a vilolencia machista.

Descargar o arquivo


Escoita online:



Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 696732735/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

Enviado por:
lupe ces
-lupeces@gmail.com-
21 de novembro de 2009 00:45
http://lupeces.blogspot.com/
_______________________

1 comentarios so far

Warning!! SPAM has been detected!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon

:)
:(
hihi
:-)
:D
=D
:-d
;(
;-(
@-)
:o
:>)
(o)
:p
:-?
(p)
:-s
8-)
:-t
:-b
b-(
(y)
x-)
(h)