[Clicar acima da imaxe para ampliar]
O anuncio de chegada dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG para Reganosa, produce-se despois de que se soubera que "nunha nota de operacións datada o pasado 29 de outubro, o xestor gasístico [ENAGAS] chamou a atención sobre os baixos niveis de GLN en Mugardos, -insuficiente para atender a produción diaria mínima-", e decidiu desviar a Ferrol o Sestao Knutsen, con 125.000 metros cúbicos de gas natural licuado [GNL-LNG], buque que se dirixía a Barcelona mais que decidiron que puxera rumbo a Reganosa para poder inxectar gas na rede desde Galiza. "Desde o Comité de Emerxencia dá Ría, sosteñen que a regasificadora -carece de demanda- e que a razón do seu emprazamento na ría é -cobrar as retribucións do sistema gasístico que saen do peto de todos os cidadáns-". Argumentan que a planta é unha -risco innecesario- para a poboación. O Sestao Knutsen entrou na mañá do pasado martes 10 de Novembro, día no que a Plataforma Veciñal de Meá foi obxecto dun atentado onde "alguén" provocou un incendio nos arquivos da entidade veciñal, onde se atopa a documentación relacionada coa loita contra a Planta de Gas. Por último o pasado día 11 deste mes de Novembro, os medios de comunicación facian-se eco dunha noticia relacionada coa Sentenza do Tribunal Supremo de ilegalizar a expansión do porto de Marín o que senta un precedente para a anulación das resolucións que acordaron os recheios ilegais sobre os que se asenta Reganosa.
[Para ampliar clicar acima da imaxe]
O novo buque gaseiro, “LNG Finima”, cargado con GNL-LNG, que faría o 55 desde que que entrou o primeiro en Maio de 2007, está previsto que chegue a Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga para Reganosa, este Venres, 13 de Novembro de 2009. Ante este feito o Comité Cidadán convoca unha nova acción de protesta e denuncia, con unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ ás 7 da Tarde na Praza Amada García, de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
- PARTICIPA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
- A ría é nosa e non de Reganosa !
- Desmantelamento de Reganosa xa !
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Nota baseada na información enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de novembro de 2009 22:04
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon