[Para entrar na Galería clicar acima da imaxe]
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, voltou de novo a concentrar-se para denunciar e protestar pola entrada na Ría do buque gaseiro "Iberica knutsen", cargado con GNL-LNG para Reganosa. Foi o primeiro buque gaseiro do ano e o 59 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.
Na concentración denunciou-se, unha vez máis, as irregularidades da chegada deste buque, non só polo arriscado de entrar co temporal que había, senon por superar en moito a capacidade permitida para este tipo de buques na normativa do Porto, para que estes podan entrar na Ría, sendo ao do buque de 173.000 m³, e a permitida de 140.000 m3. Mais isto non é novo xa ten pasado outras veces sen que as autoridades tomen medidas, para impedir esta situación de alto risco. Deste xeito Reganosa, coa complicidade da administración, ven a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora construida irresponsabelmente en Punta Promontorio, no concello de Mugardos. Os contínuos incumprimentos da normativa establecida incrementan a situación de risco e perigosidade a que constantemente está sometida a población de Ferrol e comarca.
Tamén se anunciou a presentación dunha ampliación da denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que vai tratar a nosa Petición 1322/2007 na Reunión Plenaria da Comisión de Peticións dos vindeiros 27 e 28 de Xaneiro de 2010 que por certo non fora arquivada como así espallaron a todos os ventos os medios e axencias convencionais, sen dementi-lo con posterioridade.
Por outra banda solicitou-se apopio económico ante o pago do peritaxe [4.000 €] que obrigou a facer un dos tribunais de Madrid que leva un dos contenciosos que seguimos mantendo contra Reganosa, no aspecto da seguridade dos buques e a imposibilidade destes de saír a alta mar polos seus propios medios, e en calquer momento, en caso de emerxencia.
Fonte da galería Fotográfica:
http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol
Enlace coa Galería Fotográfica para poder baixar as Fotos
______________________
NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingrear na seguinte conta corrente do Banco Santander:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995
_____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon