BOTAI UNHA SINATURA VIRTUAL POR BRAIS ANTE O SEU INMINENTE XUIZO
O vindeiro Febreiro celebrara-se o xuízo polo despedimento do profesor Brais, docente do IES Manuel Murguía de Arteixo despedido o pasado ano polo mero feito de reclamar que as aulas de Matemática se deran en galego (como correspondía por lei, decreto 124/07).
O sindicato CNT leva a cabo desde entón unha campaña de solidariedade consistente en recoller sinaturas de apoio para a sua readmisión nas listas de interinos e substitutos. Como remate das accións de solidariedade, e previamente ao xuizo, o sindicato CNT concentrara-se ás portas do Rexistro Xeral para facer entrega de todas as sinaturas recollidas.
Agradecemos-lle que se existisen no seu centro follas asinadas as puidesen envíar ao apartado 590 -15780 Compostela antes de Febreiro.
Tamén se pode asinar telemáticamente no web de CNT:
Ao mesmo tempo, desde a CNT apoiamos a convocatoria de folga no ensino para o próximo 21 de Xaneiro, e chamamos à participar activamente nesta xornada de loita.
Agradecendo de antemán a sua colaboración reciba un cordial saúdo.
Secretariado Xeral de CNT-Compostela.
Máis información do caso Brais en:
Enviado por:
espalla@redeanticapitalista.org
14 de janeiro de 2010 15:08
______________________________
1 comentarios so far
Sinto o que lle pasou a Brais, hoxe puxen o seu nome no google e saiume esto. Son unha antiga compañeira do colexio López Ferreiro. Estamos organizando un reencontro e gustaríame atopalo. Alguén me pode facilitar o seu correo, teléfono ou outro dato? En todo caso, Brais, se les esto, temos un evento en Facebook, "cena encontro de alumnos do colexio López Ferreiro promoción do 92". Búscanos! (o meu perfil en facebook é "María Antas")
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon