venres, marzo 05, 2010

Declaración d'O Inferniño como Barrio

A Xunta directiva desta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, comunicamos que imos solicitar ao Concello de Ferrol a DECLARACIÓN desta parroquia do Rosario como BARRIO d'O INFERNIÑO.

Analizadas as distintas singularidades e antecedentes desta zona, afirmamos que esta parroquia do Rosario ten a suficiente ENTIDADE E IDENTIDADE para ser recoñecido como BARRIO d'O INFERNIÑO.

Como todos sabemos a partir da segunda metade do século XX, a cidade de Ferrol foi crecendo fora de Porta Nova, actual Praza de España, xurdindo o que agora se coñece como Ensanche A, onde a veciñanza se foi organizando co nacemento de dúas PARROQUIAS: SAN PEDRO e O ROSARIO.

Sabemos polos historiadores que a Parroquia foi implantada dende a chegada dos Suevos a Galiza como unha unidade territorial de marcada importancia e gran tradición.

Lembramos que a Confederación Galega de Asociación Veciñais de Galicia (COGAVE), aprobou unha resolución na súa Asemblea Xeral celebrada en Pontevedra, onde recoñecía a relación de Parroquia e Barrio sen caer en ningunha connotación relixiosa.

Nosa pretensión consiste en que O Inferniño debe ter a consideración de Barrio co fin de elixir, decidir ou reivindicar o seu futuro nas relacións sociais e culturais, dende a perspectiva da solidariedade co máis absoluto respecto da legalidade.

Proporemos este debate con campañas informativas e reunións coa cidadanía, entidades sociais, responsables municipais para rematar cunha SOLICITUDE FORMAL DE DECLARACIÓN DO INFERNIÑO COMO BARRIO.

Facemos un chamamento a toda a veciñanza co animo de recibir todo o APOIO para conquerir esta conquista para O INFERNIÑO.

Ferrol, a 4 de Marzo de 2010.

A Presidenta
Asdo. Ana J. LÓPEZ DÍAZ
O Secretario
asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com


Enviado por:

Asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
5 de março de 2010 12:47
_____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon