O sector naval ten determinado historicamente a evolución da economía galega. É un dos focos máis importantes da nosa actividade industrial e peza clave no mantemento das poboacións costeiras e no desenvolvemento das áreas urbanas. Desde que a UE ten pechado as portas á construción civil no estaleiro de ASTANO, esta sempre foi unha das demandas históricas do nacionalismo galego cuestión esta que sempre está na axenda institucional do BNG. Mais isto non é suficiente, cómpre implicar á sociedade nesta demanda a todos os galegos e galegas.
Neste sentido, a Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para reactivar a industria naval galega, Rumbo21, ven de convocar unha manifestación para o vindeiro sábado 27 de marzo, ás 12 horas, no Peirao de Curuxeiras, en Ferrol. Cómpre pois unha resposta masiva a esta convocatoria para conseguírmonos o obxectivo reactivar ASTANO e reactivar o futuro do sector naval galego.
- Porque cada persoa en paro na comarca é unha razón para non quedarnos de brazos cruzados diante deste problema social e humano.
- Porque traballo en ASTANO significa traballo no resto das empresas, na industria auxiliar, no comercio, na hostalería...
- Porque non hai maior diversificación que a industria naval, porque un buque non é só o casco, é todo o que vai dentro do barco.
- Porque sabemos que non temos futuro sen unha industria naval civil forte.
- Porque máis de 18.000 persoas que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular demandan que os gobernos galego e español traballen para levantar un veto que pesa como unha lousa sobre a economía da comarca.
- Porque se nós non nos movemos, ninguén o vai facer por nós, nin en Madrid nin en Europa.
- Porque queremos que Zapatero cumpra o seu compromiso de negociar o fin do veto ao estaleiro de Fene.
Enviado por:
Enlace relacionado:
http://www.rumbo21.org/
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon