O martes día 30 de marzo ás 19 horas, proxectarase no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán tres curtametraxes baixi o título "Tres Mundos".
“YANINDARA” de LLUIS QUÍLEZ (2009) – 20’
- Dirección: Lluis Quílez (Cun amplo recoñecemento internacional no terreo das curtas dirixe este traballo, unha traxedia romántica con pinceladas de cine fantástico, rodada cun elenco de non actores de etnia xitana).
- Intérpretes: Camelia Paun, Bulgar Turcanu, Tinica Chixcaru, Gilbert Bosch, Alba Ferrara.
- Sipnose: Un poblado xitano. Inmigrantes rumanos que acamparon as súas caravanas e tendas nas aforas dunha cidade calquera. Cheira a sudor, animais e polvo. Chega un coche. Do seu interior baixa un estrano, vai en busca do milagre, vai en busca de Yanindara.
ext yanindara
Cargado por Festival-Mecal. - Mira más videos de TV y películas.
“SI SABES DECIR HELLO” de SERGI GONZÁLEZ (2009) – 16’
- Dirección: Sergi González (Logo de varias curtas, dende 2006 e variospremios e recoñecementos, preséntanos esta curta documental).
- Intérpretes: Juan Miguel Meseguer e Anabel Martínez.
- Sipnose: Juan Miguel ten sonos, como todos, incluso ten noiva .... bo aí xa non é como todos, pero el a ten. E a quere. E querese casar e ter un fillo, ou dous ... ou dezaseis. Juan Miguel ten 18 anos e síndrome de down.
“QUIERO SER UNA GACELA” de ANA RODRÍGUEZ ROSELL (2009) – 29’
- Dirección: Ana Rodríguez Rosell (Diversos premios e recoñecementos en Festivais avalan a esta nova cineasta).
- Sipnose: Adentrámonos na escola Mariama Ba, na illa de Gorée, onde estudan as nenas máis intelixentes de Senegal, e coñecemos ás que nun futuro serán as líderes do seu país.
www.ateneoferrolan.org
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Enviado por:
Ateneo Ferrolán
-webmaster@ateneoferrolan.org-
25 de março de 2010 11:09
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon