venres, marzo 05, 2010

Un libro moi interesante acaba de publicar ATTAC baixo o título "Están en perigo as pensións públicas?"

Trata-se de explicar do xeito máis claro posíbel que hai detrás dos argumentos que avogan por debilitar as pensións públicas e por privatizalas. Os argumentos, as claves do asunto, as intencións do Capital, ... as razóns ao descuberto. Non pasar sen ler este interesante libro ao alcance de todas e todos.

  • As preguntas que tod@s nos facemos.
  • As respostas que sempre nos ocultan.
Escrito conxuntamente por Vicenç Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón.

Segundo Ricardo García Zaldívar -Coordinador do Consello Científico de ATTAC España- "O novo libro está dedicado a combater o discurso neoliberal que pretende debilitar cada vez máis as pensións públicas co fin de que os bancos e entidades financeiras dispoñan para o seu beneficio do aforro dos traballadores.  -  Con linguaxe clara e sinxelo e co máximo afán divulgativo, o libro desmonta todos e cada un dos argumentos que se adoitan dar para iso e demostra que carecen de lóxica e rigor científico. E ademais, propón vías para que o sistema público de pensións contribúa ao benestar social con suficiencia e seguridade".

Podede-se conseguir o libro, en español, impreso en ATTAC ao prezo de 3 euros ou de balde, en formato -pdf-

Para descargar o libro de balde en formato -pdf-, ao memos está en dous servidores:

Pode-se ler online en scribd:

En formato impreso:

Os libros en formato impreso pódense conseguir a un custo de tres euros de varias formas. A partir de 10 unidades, serán enviados contra reembolso por correo postal a petición dos interesados, para o que hai que mandar unha mensaxe a Inmaculada (inmoco@hotmail.com) quen atenderá todas as demandas. Tamén é posible obter exemplares soltos da publicación nalgunhas librerías.

Os autores:
  • Vicenç Navarro, catedrático da Universidade John Hopkins de Estados Unidos e da Pompeu Fabra de Barcelona e un dos máis recoñecidos expertos do mundo en materia de políticas públicas.
    http://www.vnavarro.org/

  • Juan Torres López, catedrático de Economía na Universidade de Sevilla e autor da crise financeira. Guía para entendela e explicala, tamén editado por ATTAC e do que se difundiron ducias de miles de copias pola rede.
    http://juantorreslopez.com/

  • Alberto Garzón, licenciado en Ciencias Económicas e un dos principais impulsores do novo movemento de novos economistas críticos. Os tres son membros do Consello Científico de ATTAC España.
    http://agarzon.net
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon