Un analista de intelixencia do Exército de Estados Unidos foi acusado de filtrar un vídeo e documentos clasificados ao sitio web de denuncia Wikileaks. Bradley Manning, especialista do Exército, acusan-no de divulgar un vídeo do ataque perpetrado en xullo de 2007, no que se ve a helicópteros do Exército estadounidense asasinando indiscriminadamente a doce iraquís e ferindo a varios máis, entre eles, dous nenos. Ademais, acusan-no de facer circular máis de cincuenta cablegramas do Departamento de Estado. Manning, que enfronta unha condena de ata 52 anos de prisión, foi detido en maio mentres prestaba servizo en Iraq, logo de que un coñecido seu dixese que se responsabilizou polo envío do vídeo a Wikileaks, xunto con miles de arquivos gobernamentais clasificados de Estados Unidos. O acusado non contratou os servizos dun avogado civil e é representado por un avogado militar. Nunha entrevista concedida a Democracy Now! o mes pasado, Daniel Ellsberg, responsable de divulgar os chamados "Pentagon Papers" (documentos do Pentágono que formaron parte dun estudo confidencial sobre a participación política e militar de Estados Unidos en Vietnam entre 1945 e 1967, finalizado en 1968 e encomendado polo entón Secretario de Defensa Robert McNamara), exhortou a apoiar a Manning no caso de que se determinase que el foi a fonte de Wikileaks.
Daniel Ellsberg dixo: "Durante corenta anos estiven esperando que alguén sacase información á luz na mesma medida en que eu o fixen, pero dun xeito máis oportuno, antes do que eu o fixen na miña época. E Manning sería a primeira persoa en corenta anos en facelo, se é certo que filtrou unha chea de cablegramas que considerou criminais. Estou moi contento, se iso foi efectivamente así. E espero que non sexa o último".
Fonte: Boletín Informativo "Democracy Now!" - 7 de Xullo de 2010
- Democracy Now!
http://www.democracynow.org/ - Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
Enlaces relacionados no sitio web AntiWar:
- http://news.antiwar.com/2010/07/06/us-soldier-charged-over-wikileaks-video/
- http://news.antiwar.com/2010/04/05/wikileaks-releases-video-of-us-copters-killing-iraqi-civilians/
Ártabra 21: Un vídeo clasificado que mostra o asasinato de polo menos 12 persoas desde un helicóptero militar de Estados Unidos
______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon