martes, xullo 06, 2010

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, queremos denunciar o grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública na Área Sanitaria de Ferrol

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, queremos denunciar o grave deterioro ó que se está sometendo á Sanidade Pública na Área Sanitaria de Ferrol por parte da Xunta de Galicia no último ano.

Este deterioramento se traduce no incumprimento de compromisos xa adquiridos pola anterior Xunta de Galicia co anterior Xerente da Área Sanitaria de Ferrol e que ían posibilitar o que nos puxesemos ó nivel doutras Áreas Sanitarias.
  • Investimento de 63 millóns de euros de 2009 a 2011 para a posta ó día do antigo Hospital Naval creando novos servizos, quirófanos etc.
  • Posta en marcha da unidade de Hemodiálise que agora se está facendo no Juan Cardona.
  • Mellora do transporte público, adaptado ás necesidades de usuarios e traballadores, facendo do H. Naval a última parada do traxecto.
  • Potenciación e desdobramento de especialidades médicas.
  • Plano de mellora da Atención Primaria, incrementando os cadros de persoal e facéndoa moito máis resolutiva.

Todos eses compromisos están incumpridos e paralizados.

Pola contra se pecha camas de Medicina Interna no Nóvoa Santos a finais do mes de maio o que provoca saturacións de pacientes en espera de ingreso no Servizo de Urxencias e un incremento importante de derivacións de pacientes ó Juan Cardona.

Reducción das contratacións de persoal o que fai que a prestación do servizo se faga con menor calidade, a pesar do esforzo do persoal en suplir a falla de coberturas de persoal.

Incremento significativo das listas de espera.

En definitiva se pretende crear unha mala imaxe da sanidade pública, favorecendo, desde á propia sanidade pública, á sanidade privada.

O exemplo máis claro é que o Juan Cardona por vez primeira presenta beneficios económicos na súa conta de resultados. Tamén o USP-Santa Teresa anuncia unha ampliación da súa carteira de servizos no seu centro de Ferrol.

A cousa esta clara se incrementan as listas de espera e se crea a necesidade de que a xente acuda a centros privados. Traumatoloxía e un exemplo moi ilustrativo.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol queremos denunciar estas practicas e anunciamos a realización dun seguimento sobre aquelas especialidades con mais lista de espera e coa oferta en centros privados ou concertados nesas mesmas especialidades e moitas veces polos mesmos profesionais.

De dese estudio se desprendese a realización de practicas ilícitas non dubidariamos en poñelo en coñecemento de quen correspondese e mesmo da Xustiza .

A Xunta de Galicia ten a obriga de facer cumprila Lei de Incompatibilidades e nono esta facendo.

En resumo queremos denunciar a absoluta falla de compromiso da Xunta de Galicia coa Area Sanitaria de Ferrol.


Asdo./ Salustiano Gomez e Xosé Miguel López, portavoces da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.


Xullo de 2010

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
6 de julho de 2010 12:30
http://www.cig-saude.org/ferrol/
_________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon