O "LNG Kano", é o buque número 75 -desde Maio de 2007, que está previsto que atraque no peirao de Punta Promontorio, en Mugardos, para descargar gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa. Máis unha vez unha nova irresponsabilidade, a entrada na Ría de Ferrol dun grande buque gaseiro de 288 metros de eslora, máis de 43 de manga e máis de 12 de calado, cargado con miles de toneladas de LNG-GNL, por un sinuoso canle de máis 4.000 metros de longo, estreito, de pouco calado e fondo rochoso. Máis unha vez, o buque ameazará á poboación que vive na contorna da Ría, mentras permaneza descargando na planta regasificadora perante 24 horas, sen poder saír, en caso de emerxencia, a altamar, senón é con mare alta diurna. Vai descargar nunha planta de gas encostada a todo un complexo químico, moi perigoso que almacena miles de toneladas de fluidos moi tóxicos que ademáis ten unha planta de coxeneración eléctrica. Todo un despropósito en tan pouco espazo, todo un despropósito para unha zona en declive, todo un despropósito para unha Ría que desde a Xunta de Galicia acordaron sacrificar no nome do progreso. Mais non nos vencerán, queremos e podemos conseguir que pechen e desmantelen o despropósito gasístico que representa Reganosa. Queremos e podemos convencer e concienciar á poboación de que nunca é tarde que temos que seguir na loita contra este despropósito gasístico instalado no corazón da nosa Ría, fruto da codicia e da corrupción política e económica, ...
NOVA CONCENTRACIÓN SONORA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, vai respostar a esta nova irresponsabilidade, cunha acción de denuncia e protesta, consistente nunha concentración sonora este Luns 27 de Setembro de 2010, ás 8 da Tarde na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia.
¡DIFUNDE E PARTICIPA!
- POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
26 de setembro de 2010 12:46
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon