sábado, setembro 25, 2010

Documentario - Inxerencia, A invasión Silenciosa: A CIA Contra A Revolución Bolivariana

Cando Hugo Chávez asume a presidencia de Venezuela en 1999, iníciase un novo proceso político no país: a Revolución Bolivariana que transitaría un camiño de cambios profundos en beneficio das maiorías excluídas. Pero ese mesmo ano, nos Estados Unidos o rumbo era moi diferente: George W. Bush sería nomeado presidente nunhas amañadas eleccións. Con Bush na Casabranca, as grandes corporacións e as axencias de intervención do Norte pecharían filas no gran negocio da guerra, amparados polo Acta Patriótica, unha patente de corso para intervir abertamente en calquera lugar do mundo utilizando como único pretexto a loita contra o terrorismo. As operacións encubertas emprendidas por Bush contra Venezuela desde 1998 ata o golpe de estado de abril de 2002, son develadas neste documental mostrando evidencias da participación directa de persoal militar e de intelixencia estadounidense en campañas mediáticas, financiamiento encuberto, sabotaxe e desestabilización. A inxerencia contra venezuela deixou de ser unha invasión silenciosa para converterse nunha aberta guerra polo petróleo na que o imperio non cultivou senón fracasos ante a determinacion dun pobo soberano.

Venezuela - Sábado, 25 de Setembro de 2010

TeleSur



Fonte: http://multimedia.telesurtv.net//25/9/2010/16913/injerencia-la-invasion-silenciosa-la-cia-contra-la-revolucion-bolivariana/
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon