sábado, novembro 13, 2010

Anuncian que un novo gaseiro, o "LNG Abuja", vai entrar na Ría para descargar en Reganosa - O Comité Cidadán convoca unha acción de denuncia e protesta en Ferrol este Sábado 13 de Novembro

Tags

Ante o anuncio da chegada dun novo buque gaseiro [o número 78 desde maio de 2007], o "LNG Abuja", con máis de 30 anos de travesías e cargado com miles de toneladas de GNL-LNG para Reganosa, O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de denuncia e protesta, cunha nova Concentración Sonora, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da Tarde.

Mais unha vez, a denuncia e a protesta, vai ser protagonista nesta tarde do sábado 13 de Novembro de 2010, pois un novo buque gaseiro, vai ameazar a nosa vida e seguridade, a de todas as persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol. A planta de gas, instalada en Mugardos producto da corrupción e da códicia, volta ser noticia pola perigosa descarga de miles de toneldas de gas natural licuado que durante 24 horas, vai poñer en perigo a vida e a seguridade de miles de persoas.

Caraterísticas do buque:
Nome: LNG Abuja - Bandeira: Bahamas - Ano de construcción.-1980 (30 anos!) Eslora: 286 m - Manga: 43.7 m - Puntal: 43.47 m - Calado: 11.53 m - Capacidade: 126.530 m³
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Inmformación baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de novembro de 2010 10:35
______________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon