RASD / MARROCOS
Chahid El Hafed (campamentos de refuxiados saharauís), 12/11/2010 (SPS).- O Goberno Saharauí reprochou este venres, "os pretextos e as mentiras" do goberno marroquí durante a súa reunión este xoves, para xustificar a súa brutal intervención militar contra os cidadáns saharauís en Gdeim Izik e El Aiún, o que causou decenas de mortos, máis de 4500 feridos algúns en estado grave e 2000 desaparecidos, segundo un comunicado do Ministerio Saharauí de Información.
A continuación texto integro do comunicado:
Ministerio de Información
12 Novembro 2010
En resposta á declaración do Goberno marroquí do xoves, 11 de novembro 2010
Na declaración posterior da súa reunión do xoves, 11 de novembro 2010, o Goberno marroquí persiste no perigoso discurso de chovinismo, convulsión e axitación dirixido aos cidadáns marroquís para involucrarlles na súa política de limpeza étnica contra o pobo saharauí.
No seu intento de xustificar a súa bestial intervención militar contra cidadáns saharauís pacíficos, mulleres, nenos e anciáns, o goberno marroquí non deixa de falsificar acusacións e clasificar a estes cidadáns como criminais, no mesmo momento no que non escatima esforzo en eloxiar e animar as forzas do exército, a gendarmería e a policía marroquís para continuar as súas execucións, humillacións, represións e limpeza étnica.
Ao longo de todo un mes, quedou evidente, ante mundo enteiro decatou, o carácter pacífico do campamento de Gdem Izik, no que se xuntaron ao redor de 30.000 desprazados, pola súa propia vontade e convencemento, nunha reunión pacífica de protesta contra a crítica situación, política, social e económica, durante os 35 anos de ocupación marroquí do seu país.
O goberno saharauí condena enerxicamente as declaracións e falsificacións, así como a irritación e a convulsión da violencia cega, a discriminación e a limpeza étnica polo goberno marroquí, que mostra inequivocamente a súa intención en manter o proceso de represión, persecucións, humillacións e encarceramentos, incluído contra xornalistas estranxeiros.
O goberno saharauí desmente categoricamente a existencia de milicias ou persoas que exercen calquera tipo de presión contra os desprazados, nobres cidadáns saharauís que revindican os seus lexítimos dereitos, de xeito pacífico que, desde o primeiro momento do seu desprazamento, deixaron claro a súa vontade de expresar o seu rexeitamento á crítica situación derivada dunha ocupación ilegal que lles expón á pobreza, o fame e á marxinación, ao mesmo tempo que non para o pillaxe dos seus recursos naturais.
As flagrantes violacións dos Dereitos Humanos cometidas polo estado marroquí no Sahara Occidental, arquivadas en decenas de organizacións e institucións especializadas, incluída a Alta Comisionaría das Nacións Unidas para os DDHH, ás que se engade o atroz ataque que deixou en cinzas a máis de 8.000 tendas, seguido polas matanzas e represións contra cidadáns civís saharauís inocentes na ocupada cidade do Aiún, todo iso converte as declaracións marroquís en mera cortina de fume e mostra o seu repudio e o seu desaprecio cara á Comunidade Internacional.
O feito de que o Goberno marroquí está impondo o cerco contra a cidade ocupada do Aiún, incluído o toque de queda, intensificando a presenza militar e securitaria, antes, durante e logo da masacre de Gdem Izik e ata o momento, así como a súa expulsión e detención de observadores e xornalistas, confirma a súa intención de continuar o seu crime de limpeza étnica contra o pobo saharauí na escuridade, ata co grave intento de involucrar os cidadáns marroquís neste crime contra a humanidade.
Ante esta grave actitude de intransigencia do Goberno marroquí, o Goberno Saharauí reitera o chamamento ao Consello de Seguridade para intervir urxentemente para salvar a decenas de miles de saharauís, auxiliar os feridos, recoñecer as vítimas, procura de desaparecidos, liberación dos detidos e terminar coa situación de terror que reina na cidade de El Aiún e nos demais territorios saharauís ocupados, derivado das campañas de represión e intimidación por parte das forzas de ocupación contra civís saharauís indefensos.
O Goberno saharauí reitera o chamamento ao Consello de Seguridade para formar e enviar, urxentemente, un dispositivo de policía das Nacións Unidas encargarse, no marco da Minurso, de protexer aos cidadáns saharauís, así como o inmediato envío dunha misión de esclarecemento sobre este crime que está cometendo o Goberno marroquí, desde o seu atroz ataque contra o campamento de Gdem Izik, a madrugada do 8 de novembro de 2010. (SPS).
086/090/000 121621 NOV 10 SPS
Fonte: Sahara Press Service
____________________________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon