Ciclo de Cine en Esteiro
Desde a Asociación Veciñal de Esteiro, comunicamoslle a nova película que dentro do Ciclo: Cine e Sanidade que a nosa entidade e a concellería de Cultura do Concello de Ferrol proxectamos cada xoves ás 20:30 horas e con entrada de balde nos Cines Duplex de Esteiro. Agradeceriamos que publicitasen esta proxección.
O xoves día 2 de decembro de 2010 proxéctase:
Un lugar no mundo: de Adolfo Aristarain e que será presentada por Mónica Arto Blanco da Asociación Ecoloxista Verdegaia.
Un saúdo e moitas grazas.
Antonio Ríos, secretario da AV de Esteiro
Un lugar no mundo
PREMIOS
- 1992: Nominada ó Oscar: Mellor película de fala non inglesa
- 1992: Asociación de críticos de Arxentina, incluíndo película, actor (Luppi), actriz (Roth)
- 1992: Goya: Mellor película estranxeira de fala hispana
- 1992: 2 premios no Festival de San Sebastián: Concha de Ouro, premio OCIC
Duración :120 minutos.
Dirección: Adolfo Aristarain
Sinopse: Ernesto regresa para pasar un día no pobo da súa infancia, San Luís, nun remoto val da Arxentina, e así poder recordar as anécdotas e feitos que lle converteron na persoa que é agora. Os seus pais Mario e Ana exiliáronse voluntariamente de Bos Aires, pero a chegada de Hans, un xeólogo español á procura de petróleo, presaxia que a tranquilidade do lugar está pronta a chegar ó seu remate.
REPARTO
Federico Luppi, José Sacristán, Cecilia Roth, Leonor Benedetto, Gaston Batyi, Lorena del RíoA película será presentada por: Mónica Arto Blanco de VERDEGAIA.
Película para reflexionar sobre o mundo actual e sobre o poder dos que teñen os cartos.
Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
Enviada por:
Asociacion Veciñal de Esteiro Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
27 de novembro de 2010 12:14
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon