domingo, decembro 19, 2010

Unha manchea de organizacións e colectivos a nivel estatal convocan unha Folga de Consumo para o 21 de Decembro deste 2010 - A CGT-Galicia realizou unha Acción en apoio á Folga de Consumo e a Manifestación do 21-DEC en Vigo - Interesantisimo Chamamento da CGT



Desde hai tempo unha inciativa de moito interese pecorre a rede e os bairros peninsulares, máis de 100 organizacións e entidades de todo tipo organizan unha Folga de Consumo contra o Capital, con data concreta deste Martes 21 de Decembro de 2010. Unha iniciativa que na Galiza non está tendo moita transcendencia, a pesar de ser unha importante ferramenta de toma de conciencia e loita contra a esencia do capitalismo, o modelo neoliberal e o consumismo que invade os nosos fogares e mentes nestas datas de festas do natal, as catedrais do consumo están cheas de "feligreses" para gastar o que teñen e o que non.

Calquer organización, ou persoa a nivel particular, pode apoiar esta convocatoria entrando e escreber no formulario que está no seguinte sitio web:
http://www.huelgaconsumo.org/5094.html.

Só quedan dous días para a convocatoria desta primeira Folga Estatal de Consumo, son máis de 100 as organizacións que apoian a iniciativa, de todas as partes do Estado, proporcionalmente son moi poucas, deberían ser miles, mais a iniciativa ten moito valor, podemos secunda-la apoiando e difundindo a convocatoria que se foi construíndo día a día entre todas as organizacións.

O pasado 26 de Novembro deste ano 2010, tivo lugar, unha iniciativa parecida mais diferente, a 19º edición do "Día sen Compras", un evento internacional que se secunda en máis de  60 territorios. este día evolucionou desde a súa primeira edición en 1992 en Vancouver -Lower Mainland da Columbia Británica, no Canadá- até converter-se nunha data sinalada a nivel mundial onde os colectivos críticos co modelo e os valores consumistas, aproveitan para denunciar as súas consecuencias e propor alternativas de consumo responsábel. Do que se trata agora con esta Folga de Consumo, o vindeiro 21 de Decembro, é dar-lle continuidade, con unha acción máis, á Folga Xeral do 29S.

Lista provisional de organizacións sociais, sindicais, políticas, de consumidores, ... que xa expresaron o seu apoio ao manifesto que convoca a Folga de Consumo para o próximo 21 de Decembro.

Lista provisional de organizacións adheridas:
  1. * FACUA CASTILLA Y LEON - Consumidores en Acción.
  2. * Ecologistas en Acción.
  3. * CGT
  4. * Amigos de la Tierra.
  5. * Federación de Asociaciones de Vecinos de Valladolid.
  6. * Onda Expansiva Radio – Valladolid.
  7. * Sindicato Obrero Inmigrante (SOI-CTM).
  8. * Colectivo Queda la Palabra.
  9. * ONG Africando.
  10. * Planeta Finito.
  11. * XARXA de Consum Solidari.
  12. * Asociación Andaluza por la Solidaridad y la Paz (ASPA).
  13. * Unión de Actores de Castilla y León.
  14. * Alternativa Universitaria.
  15. * SODEPAZ – Valladolid.
  16. * Sonríe y Lucha – Valladolid.
  17. * Otro Teatro – Valladolid.
  18. * Valladolid Web Cultural.
  19. * Izquierda Anticapitalista Valladolid
  20. * Partido Comunista (Agrupación Villaverde) – Madrid.
  21. * Solidaritat Obrera.
  22. * Jóvenes Verdes.
  23. * WWF - Grupo Asturias.
  24. * Asociación Cultural EcoBierzo.
  25. * Los Verdes – Cádiz.
  26. * Ciudadanos de Centro Izquierda.
  27. * Cooperativa Alternativa y Acción Solidaria.
  28. * ADP (ONGD "AMICS DE PALANQUES").
  29. * Asamblea de Vallekas por la Huelga General.
  30. * Asociación Andaluza por la Solidaridad y la Paz (ASPA).
  31. * Asociación la Bombilla Verde.
  32. * Colectivo La Aldea.
  33. * Amigos del Pueblo Saharaui – AVILA.
  34. * BarriodelCarmen.NET.
  35. * Bloque primeroizquierda (en construcción) – GRANADA.
  36. * Plataforma por los derechos sociales de la Sierra del Guadarrama.
  37. * DESAZKUNDEA.
  38. * PAPERS PER A TOTES I TOTS - LA SAFOR.
  39. * WU XING ZINE.
  40. * Asociación Cultural Violeta Smith.
  41. * “La Biblio” Biblioteca Social Autogestionada.
  42. * Ateneo Libertario La Idea, Madrid.
  43. * Ateneo Confederal Rojo y Negro.
  44. * Revista Libre Pensamiento.
  45. * Periódico Rojo y Negro.
  46. * Red de Economía Alternativa y Solidaria (REAS) - Aragón.
  47. * Plataforma "Que la crisis la paguen los ricos" de Zaragoza.
  48. * Coordinadora de Movimientos Sociales de Zaragoza.
  49. * Asociación Nuevo Ruesta.
  50. * STERM.
  51. * STEPV-IV.
  52. * EUPV-La Unitat-Verds.
  53. * Papers y Plataforma Pels Pobles.
  54. * Acción Antifascista Salamanca.
  55. * Colectivo Estudiantil Alternativo de Salamanca - (CEA).
  56. * SOV - Confederación General del Trabajo de Salamanca - (CGT)
  57. * Izquierda Unida de Salamanca - (IU)
  58. * Juventudes Comunistas de Salamanca (UJCE)
  59. * Partido Comunista de España - Agrupación de Salamanca -(PCE)
  60. * Unidad Estudiantil (UnE).
  61. * Foro Social de Tomelloso.
  62. * Juventudes Comunistas de Tomelloso.
  63. * Baladre.
  64. * Plataforma pels Drets Socials de València (que agrupa a cerca de 40 colectivos).
  65. * Izquierda Unida Valladolid.
  66. * Izquierda Republicana. Agrupacion de Salamanca.
  67. * Assemblea pels Drets Socials (ADS) del Garraf.
  68. * SASTIPEM THAJ MESTAPEM.
  69. * Jóvenes Verdes.
  70. * Cooperación Alternativa y Acción Solidaria.
  71. * Grupo el cosmopolita (jóvenes anarquistas de Valladolid).
  72. * ALTERNATIVA SINDICAL DE TRABAJADORES (AST).
  73. * Foro Social de Segovia.
  74. * rakatapam.org.
  75. * Assemblea pels Drets Socials (ADS) del Garraf. 75. Asamblea libertaria de Soria.
  76. * La Aurora.
  77. * Colectivo Antisistema Soriano.
  78. * Colectivo ConSuma Responsabilidad.
  79. * Izquierda Anticapitalista de Burgos.
  80. * IU Burgos.
  81. * PCE Burgos.
  82. * JOC Burgos.
  83. * Juventudes Comunistas de Burgos.
  84. * "¿Quién debe a Quién? Madrid.
  85. * CNT Joaquín Costa.
  86. * Segovia de Izquierdas.
  87. * Coordinadora Antifascista de Segovia.
  88. * Los gatos del Parbú (Colectivo musical).
  89. * Federación de Asociaciones de Vecinos de Salamanca (Fevesa).
  90. * FFM Isidora Duncan.
  91. * BAF Lugo.
  92. * Coordinadora Verde.
  93. * Naturtarbena.
  94. * AEYUCE.
  95. * JATAAY.
  96. * Colectivo no nos resignamos.
  97. * Trasversales.
  98. * Colectivo Social ISKRA (Alcobendas).
  99. * Foro Social de Ciudad Real.
  100. * Ecologistes en Acció.
  101. * Recyclanet
  102. * ESTAT VALENCIÀ
  103. * Traffic Mutants
  104. * Asociacion Juvenil Elefanter - Madrid
  105. * Asociación ONG Caravana Arcoíris por la Paz
  106. * Gurutzne
  107. * Cooperativa de consumo ecológico La Pera
  108. * Altermundista CR

Para máis información hai un sitio web de moito interese:

http://www.huelgaconsumo.org/
_________________________

A CGT-Galicia realizou unha Acción en apoio á Folga de Consumo e a manifestación do 21D en Vigo

Fíxose un chamamento á propia Folga e tamén á Manifestación do próximo martes

Un grupo de activistas encadeou onte aos mariñeiros do “Monumento ao traballo” en Vigo. Hoxe aínda conservaban as cadeas e as pesadas cargas que soporta a clase traballadora. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí a galería fotográfica do resultado da acción

Chamamento da CGT

ESTE MARTES 21 DE DECEMBRO
FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO
MANIFESTACIÓN EN VIGO
XORNADA SEN CONSUMO, DÍA SEN COMPRAS
POR QUE UNHA FOLGA DE CONSUMO?

Tras a Folga Xeral do 29-S, traballando pola convocatoria de novas folgas xerais no estado español e unha Folga Xeral europea, proseguimos cun calendario de mobilizacións, manifestacións, de loitas en fábricas, empresas, sectores, territorios … contra as políticas antisociais do goberno, a reforma laboral, a reforma das pensións, os recortes sociais e laborais, ata conseguir a derrogación de todas estas leis e instaurar as bases dun novo modelo social, económico e produtivo que non estea baseado no produtivismo, o crecemento indiscriminado, a política de desenvolvemento, a explotación, o consumismo.

Loitar contra o consumismo é loitar contra o capitalismo, renunciando á dilapidación dos recursos, ao incremento da produción co só obxectivo de obter beneficios pasando por enriba da saúde e da calidade de vida dos traballadores ou a propia continuidade da vida no planeta. O consumismo é o estilo de vida propio deste sistema social neoliberal, que explota as persoas, espolia os recursos dos países pobres, xera a enfermidade crónica da insatisfacción permanente e non valora a satisfacción das necesidades senón que nos converte en obxectos escravos de todo o superfluo e innecesario que o mercado nos presenta.

QUE É A FOLGA DE CONSUMO?

É moito máis que un día sen compras. Supón reformularse o sistema produtivo que padecemos. Implica unha reflexión moi crítica sobre os hábitos e tipo de vida que temos, como actuamos, que pensamos, para que traballamos, que sentido ten a propiedade, en que gastamos o que gañamos… Implica unha aposta pola austeridade, unha aposta pola repartición do traballo e da riqueza, unha aposta polo decrecemento, contra a ostentación, o luxo, o dispendio, o superfluo … Significa cambiar a orde de prioridades sobre o que se debe seguir producindo, en que sectores seguir crecendo e en que sectores é necesario decrecer, unha reflexión sobre o que se debe consumir, sobre a calidade de vida, sobre a soberanía alimentaria, sobre a procedencia dos produtos que comemos, sobre a solidariedade cos países e persoas explotadas polo primeiro mundo, sobre a necesidade de reciclar, de compartir, de apoiarnos mutuamente, sobre o tipo de enerxía renovable que hai que potenciar … A Folga de Consumo supón afirmar a nosa capacidade de autonomía e autoxestión fronte a un sistema produtivo capitalista que entende as persoas tan só como consumidores ou recursos que hai que explotar. Trátase de boicotear e non adquirir ningún tipo de ben, produto ou servizo durante o próximo 21 de decembro, co obxectivo de paralizar o sistema produtivo, as grandes empresas, bancos, multinacionais e obrigar os gobernantes do estado central, autonómico e local para que corrixan a súa actual política económica insostible e antisocial que maltrata, despreza e despoxa a todos os colectivos desfavorecidos.

QUEN PODE FACER A FOLGA?

A diferenza dunha Folga Xeral, a Folga de Consumo, pode ser secundada por toda a sociedade, empezando polos que máis están a sufrir esta crise: as persoas paradas, xubiladas, traballadoras, autónomas, estudantes, etc.

COMO PARTICIPAR NA FOLGA?

Non comprando, nin adquirindo, nin consumindo calquera tipo de ben, produto ou servizo que non sexa imprescindible.

Por exemplo:
  • Ao levantarnos, consumir a mínima cantidade de electricidade ou auga, baixar o termóstato varios graos, non usar produtos contaminantes, tóxicos…
  • Realizar os desprazamentos en medios públicos de transporte e, se é posible, andando ou en bicicleta. Se fose imprescindible o uso dun vehículo particular, procurar non viaxar sós ou soas e compartir o desprazamento con outras persoas.
  • Non comprar nos grandes almacéns, centros comerciais, supermercados, bancos, gasolineiras, bares, cafetarías, restaurantes, comercios, empresas de venta telefónica ou por Internet…
  • Evitar o consumo telefónico, o uso das tarxetas, o envío de correo electrónicos, a instalación de calquera servizo…
  • Retirar o diñeiro dos bancos (quen o teña) para que comprendan que o diñeiro é noso e que temos poder para transformar a realidade.

CONTRA QUEN VAI A FOLGA?

A Folga de Consumo non se fai contra o pequeno comercio ou autónomos, que tamén están a pagar a crise que bancos, multinacionais e especuladores provocaron. Estes sectores poden e deben apoiar esta folga. A Folga de Consumo realízase contra os responsables da crise (banca, especuladores, patronal, clase política). Os grandes bancos, multinacionais e especuladores que ocasionaron a crise do mercado financeiro mundial e que recibiron axudas de decenas de miles de millóns dos contribuíntes, están agora a forzar aos gobernos para atrasar a idade de xubilación aos 67 anos, para abaratar aínda máis o despedimento tal e como xa conseguiron coa Reforma Laboral, para privatizar a Seguridade Social pola vía do copagamento, queren recortar máis dereitos sociais e laborais, seguir reducindo o noso poder adquisitivo rebaixando ou conxelando aínda máis salarios e pensións…, e é necesario paralos. Con esta Folga podemos demostrar en mans de quen está a clave da transformación social e definir un novo modelo produtivo e social non baseado no consumismo, a especulación e a explotación das persoas e do planeta. O modelo económico e político do Capitalismo e Neoliberalismo fracasou, social e ecoloxicamente. O capitalismo pretende seguir aumentando as súas grandes fortunas recortando os nosos dereitos, salarios e prestacións sociais; e intentando que traballemos máis horas e anos por menos diñeiro. Esta é a súa forma desapiadada de crear emprego. Debemos demostrar a quen realmente ten a culpa desta crise e ás súas marionetas, “a clase gobernante”, que somos a maioría da sociedade: desempregados, estudantes, traballadores, xubilados, autónomos quen, co noso traballo e consumo, mantemos o modelo actual e o podemos cambiar. Estamos cansos de sufrir a súa dobre rapadoira:
  • Mentres nos piden esforzos económicos con maiores impostos e austeridade salarial, as súas grandes fortunas seguen aumentando escandalosamente. Directivos e conselleiros do IBEX 35 teñen un salario medio de 1 millón de Euros, mentres que en Wall Street seguen incrementando os seus salarios que, en conxunto, son maiores ao Produto Interior Bruto de España.
  • Á vez que piden abaratar aínda máis o despedimento, blíndanse os contratos percibindo indemnizacións millonarias (9,1 millóns de euros custou o despedimento dun directivo en Galletas Gullón, por exemplo).
  • Pídennos moderación nas pensións, pero Emilio Botín (do Santander) ou Francisco González (do BBVA) adxudicáronse unhas pensións de 24,6 e 79,8 millóns de Euros.
  • Recortan dereitos sociais e soben os impostos que afectan á maioría da cidadanía (IRPF, IVE), pero non toman ningunha medida para que quen causou esta crise colabore na súa resolución facendo que pague máis de verdade, quen máis ten.

Pola repartición do traballo e da riqueza.

Repartir o traballo traballando menos para traballar tod@s, reducindo para iso a xornada laboral sen diminución de salario, eliminando as horas extraordinarias e os axustes, adiantando a idade de xubilación e excluíndo a intermediarios como as subcontratas ou as ETTs.

Repartición da riqueza, entendendo esta repartición non como accións ou dividendos entre a poboación, senón empregando ese diñeiro nuns servizos públicos de calidade e con carácter universal para que poidamos gozalos os que realmente producimos dita riqueza.

Contra a Reforma Laboral e a Reforma das Pensións, polo mantemento do poder adquisitivo para asalariados e pensionistas, por un novo modelo social e produtivo sostible cuxos beneficiarios sexamos as persoas e non os mercados.

Despois do 29-S?

21 de Decembro, "FOLGA DE CONSUMO CONTRA O CAPITALISMO

Fonte: Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon