Despois da pasada Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010, e da actitude do Goberno Español de continuar coas súas políticas neoliberais anti-obreiras que só respostan aos intereses da burguesía e das grandes corporacións multinacionais, torna-se necesario unha nova Folga Xeral contra a pretendida Reforma do Sistema Público de Pensións, a xa aprobada Reforma Laboral, e contra todos os recortes sociais e laborais que queren impoñer á clase traballadora.
Cumpre unha resposta contundente que poña freo a estas políticas orquestadas polos organismos internacionais e lobbys financeiros e empresariais que conforman a chamada ditadura dos mercados.
A xa mencionada Folga Xeral do 29S, así como as grandes mobilizacións, folgas e loitas obreiras que percorren Europa, indican-nos a necesidade da unidade de clase e sindical contra o Capital, somar esforzos e non dividir. Os momentos críticos e difíciles que estamos vivindo, son tempos nos que a clase traballadora, coa súas organizacións de clase, debe buscar alianzas nos colectivos sociais, comunitarios e veciñais, para sumar esforzos na loita, para que haxa unha Folga Xeral e que esta sexa consciente, combativa, exitosa e transformadora.
Polo que non se debe desprezar a ningunha central sindical por moi pouca presencia ou forza que esta teña, polo que cada quen -sindicato, organización ou colectivo-, achegue, ao conxunto, en función das súas capacidades e posibilidades, desbotando en todo momento actitudes sectarias ou de innecesarios protagonismos.
Viva a Unidade de Clase !!
Adiante a Loita Obreira !!
Organicemos a Unidade Sindical contra o Capital !!
Adiante a Folga Xeral !!
Non ás contra-reformas neoliberais e anti-obreiras !!
Por un outro modelo social e económico !!
Nota.-
Ártabra 21, axuda a difundir e informar, na rede, no camiño da Folga Xeral:
http://folga-xeral.blogspot.com/
O Movimento Obreiro en Ártabra 21
Blogue sobre a Folga Xeral do 29 de Setembro de 2010
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, xaneiro 07, 2011
Ártabra 21 axuda a difundir e informar, na rede, no camiño da Folga Xeral
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, xaneiro 07, 2011
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon