CGT-Galicia, cara á Folga Xeral o 27-Xaneiro-2011
O Comité Confederal da Confederación Xeral do Traballo (C.G.T.) de Galicia, reunido en plenaria o día 5 de xaneiro en Pontevedra, adoptou os seguintes acordos, respecto da Folga Xeral:
1. Promover a convocatoria e celebración dunha folga xeral antes do día 28 de xaneiro, para pór fin ás continuas agresións que estamos a sufrir os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do goberno, en particular, a última Reforma Laboral, xa en vigor, a persistencia de máis de catro millóns de traballadores en paro e a ameaza global ao sistema de pensións.
2. Actuar para que dita convocatoria sexa o máis unitaria posible, incorporando á mobilización á maior parte dos traballadores e ao conxunto das organizacións sindicais de clase. Por esta razón, a CGT de Galicia fai un chamamento a todos os sindicatos de Galicia a que sumemos forzas có obxectivo común de enfrontarnos, en defensa da clase obreira, contra a intolerable situación actual e impidamos a consumación das medidas antisociais anunciadas polo goberno e a clase política.
3. Aceptar como data de referencia para a realización da Folga xeral a do 27 de xaneiro, tal e como xa fora proposto por outras organizacións sindicais, tanto de dentro como de fóra de Galicia.
En Pontevedra, a 5 de xaneiro de 2011
Comité Confederal CGT-Galicia.
CGT de Galicia: http://www.cgtgalicia.org
Fonte: CGT-Galicia
___________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon