Interesante noticia do 23 de Abril de 2011, no xornal estatal "Público".
'La Gaceta' borra a esvástica dun lexionario que ía en procesión
Na portada do diario dos días 22 e 23 aparece un soldado da Lexión cunha tatuaxe retocada para que non se vexa o símbolo nazi
O xornal 'La Gaceta' borrou a esvástica do novo lexionario que aparece nunha fotografía levantando a imaxe do Cristo da Boa Morte o pasado xoves durante unha procesión en Málaga.
A foto de portada do diario dos días 22 e 23 mostra a un grupo de lexionarios e sobreimpresionada polo seguinte titular: "Orgullosos da nosa Semana Santa". Na fotografía orixinal, enviada por axénciaa EFE, pode apreciarse con todo detalle o símbolo nazi tatuado no brazo dun dos soldados da Lexión.
Desde 'La Gaceta' non souberon explicar a Público por que eles a publicaron sen a esvástica. Pola súa banda, a axencia EFE nega manipular a imaxe antes de enviala ao diario así como ao resto de medios.
Noticias relacionadas
Fonte: http://www.publico.es/espana/372664/la-gaceta-borra-la-esvastica-de-un-legionario-que-iba-en-procesion
Enviado por:
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon