domingo, xuño 26, 2011

O 28 de Xuño -Martes, Concentración diante do Parlamento Galego en Compostela, contra a aprobación da "Lei de Familia"

  • CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA APROBACIÓN DA LEI DE FAMILIA - 28 DE XUÑO DIANTE DO PARLAMENTO
  • AGRADÉCESE DIFUSIÓN!!
  • CONVOCATORIA
  • CONCENTRACIÓN EN CONTRA DA APROBACIÓN DA LEI DE FAMILIA
  • MARTES 28 DE XUÑO, ÁS 16:00 HORAS
  • DIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
O próximo martes 28 de Xuño, ás 16:00 horas, darase no Parlamento Galego o debate e aprobación por parte do Goberno do PP, da chamada “Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia

Esta lei supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres, pois, entre outras cousas, reforza o concepto de familia patriarcal, introduce o recoñecemento de dereitos para as crianzas concibidas e “non natas” (unha clara estratexia de oposición ao dereito ao aborto), e incluso paraliza moitas das leis vixentes en materia de igualdade.

ORGANIZACIÓN DA ASISTENCIA Á CONCENTRACIÓN DESDE FERROLTERRA

Desde ferrolterra, varias mulleres e organizacións feministas estamos organizando a nosa asistencia a esta concentración.

Imos encontrarnos na parada de autobuses de Correos, no Cantón de Molíns, o martes 28 de Xuño ás 14:15 horas.

Alí trataremos de distribuírnos nos coches de que dispoñamos. Aquelas persoas que teñan interese en acudir con nós, e prefiran facelo en grupo ou non dispoñan de medios de locomoción, poden poñerse en contacto con nós no teléfono 667 685 430, para tomar os seus datos e poder prever cantos coches imos precisar, antes do luns 27 de xuño ás 20:00 horas da tarde.

Se o desexades, podedes levar unha prenda de cor morada (para distinguirnos e poder estar todas xuntas) e cartaz ou pancarta reivindicativa.

Para aquelas persoas que prefiran utilizar o transporte público, deixamos aquí os horarios de autobuses a Santiago de Compostela:

Horarios de saída dende Ferrol
  • 8:40-10:00 - Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (Por Pontedeume-A9)
  • 11:30-12:55 - Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (Por Ponteume-A9)*
  • 13:00-14:18 - Ferrol-Santiago (Por Pontedeume y A9)

Horarios de saída dende Santiago
  • 16:10-17:15 - Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Ponteume y A9)*
  • 18:00-19:15 - Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Pontedeume y A9)
  • 19:30-20:48 - Santiago-Ferrol (Por A9 y Fene)
  • 21:00-22:15 - Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Pontedeume y A9)
  • 21:00-22:20 - Santiago-Ferrol (Por A9 y Guisamo)

EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS MULLERES, NON Á LEI DE FAMILIA!!!

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
23 de junho de 2011 20:11
__________________

Marcha Mundial das Mulleres
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info

Coordinadora Comarcal de Ferrolterra

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon