domingo, xuño 26, 2011

[Altermundo] URXENTE! Aló van: Galeg@s cara a Gaza - Altermundo fará un seguimento da II Flotilla da Liberdade cara a Gaza, que leva cinco galegos e galegas


Fernando Blanco Arce, Antón Gómez-Reino (Tone), Alejandro Andares, Xesús Ramón Bao e Elvira Souto, xunto a cerca de corenta activistas que embarcarán no Gernika, partiron hoxe do aeroporto de Barajas.

A maioría das e dos activistas viaxarán no barco, o Gernika, que Rumbo a Gaza achega á Segunda Flotilla da Liberdade, que supera en navíos a súa antecesora. Precisamente, o 31 de maio cumpriuse un ano da abordaxe a aquela expedición: o Exército israelí asasinou en augas internacionais a nove activistas, feriu a máis de cincuenta e secuestrou ao resto das 750 persoas que formaban o convoi. Trátase agora de 40 activistas que suponen unha representación fidedigna da pluralidade da sociedade, tanto a nivel de territorios –hai persoas de Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciá, Galiza, Madrid, Navarra e Euskadi– como por idade, profesión, procedencia social, etc.

ALTERMUNDO  SEGUE A FLOTILLA DA LIBERDADE NUN SITIO NA REDE ESPECIAL:
[ENTRAR]

Dende Altermundo, facemos tamén un chamamento á cidadanía para apoiar o traballo de compromiso co pobo palestino, e xa que logo a humanidade en paz, que 5 dos nosos activistas, galegos e galegas, están a realizar no seu embarque na Flotilla da Liberdade. Precisamos da vosa axuda, tanto moral como económica: [ENTRAR]

ALGÚNS OUTROS CONTIDOS



Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
22 de junho de 2011 23:16

http://lupeces.blogspot.com/

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon