08.06.2011
O Pacto do Euro é outra mostra do engano das autoridades europeas aos seus pobos.
E un escandaloso sometemento ante os grandes poderes financeiros e corporativos que se apropiaron de Europa.
Son eses poderes financeiros, corporativos e grandes fortunas, os que realmente ditan as políticas que logo fan súas os gobernos.
As mentiras do Pacto do Euro, coas que nos queren enganar outra vez, son:
Mentira Nº 1: Para facer fronte á débeda que atenaza a Europa é preciso aumentar a competitividade das economías nacionais e que iso só se pode conseguir reducindo o custo do traballo, é dicir os salarios.
Esta idea é falsa porque, como todo o mundo sabe, a débeda, que está a provocar problemas gravísimos a moitos gobernos europeos e ás empresas e familias, non se orixinou porque as economías europeas sexan pouco ou moi competitivas, senón porque:
- A débeda pública producírona os gobernos, ao acudir con cartos públicos a tapar os buracos da banca e os grandes fondos especulativos, verdadeiros causantes da crise financeira.
- A débeda privada é consecuencia da perda de ingresos producida pola aplicación de medidas, como as que agora se volven a propor, aparentemente orientadas a lograr máis competitividade baixando salarios.
- Ambas as débedas producíronse, en última instancia:
- Polos privilexios que ten a banca e outras entidades financeiras.
- E pola pasividade cómplice das autoridades cando os especuladores estaban a estafar ao mundo utilizando produtos financeiros tan sofisticados como fraudulentos.
O Pacto do Euro, feito polos gobernantes europeos, non vai favorecer a creación de emprego, como eles afirman enganando á cidadanía, senón que simplemente vai servir para beneficiar ao gran capital e ás grandes empresas europeas, á hora de contratar traballadores en peores condicións laborais e por salarios máis baixos.
Mentira Nº 3: O Pacto do Euro busca a estabilidade orzamentaria e financeira, un obxectivo que se desexa alcanzar mediante o control do gasto, a persecución da fraude e a limitación constitucional dos déficits públicos.
É falso que para aliviar a débeda abonde con limitar o gasto público, posto que isto pode rematar producindo unha caída semellante nos ingresos –tal e como demostraron numerosos estudos– que ao final impide que desapareza o desequilibrio e que só consegue aumentar o malestar, as carencias sociais e até a falta dos recursos públicos que necesita o capital privado para crear actividade e emprego.
A estabilidade orzamentaria e financeira, a persecución da fraude e o control dos déficits públicos, por parte das autoridades europeas, é só unha baleira declaración de intencións, se non se toman as medidas acaídas, entre as que se citan unhas poucas:
- Incrementar os ingresos facendo que paguen máis os que máis teñen: Imposto sobre o Patrimonio, recuperación do Imposto sobre Sucesións, desaparición das Sociedades de Investimento de Capital Variable (SICAV) ou incremento da tributación sobre os seus beneficios que actualmente é un ridículo 1%, máxima redución até a súa eliminación da economía mergullada –que en España é un 23%–, e que significaría, segundo os inspectores de Facenda, uns ingresos a Facenda duns 35.000 millóns de euros anuais, etc.
Pero o Pacto do Euro non só é inútil e rexeitábel polo que se propón facer senón, e sobre todo, polo que deixa sen abordar:
- Garantir que o sistema bancario funcione e restableza o crédito ás empresas e aos consumidores.
- Frear aos especuladores que son os que realmente provocaron a crise e os que agora, fortalecidos co silencio e a complicidade das autoridades, son os que poñen en xaque ás economías máis febles, axigantando un problema de débeda que se podería resolver sen demasiados problemas mediante intervencións e negociacións do Banco Central Europeo.
- Regular definitivamente, con intelixencia e disciplina os mercados e as relacións financeiras. De non tomar estas medidas, seguirán sendo cómplices, tamén, da vindeira crise que sen dúbida provocará o mantemento dos privilexios de delincuentes e criminais financeiros que aplican o todo vale, sen normas reguladoras e sen control, para obter o máximo beneficio o máis axiña posíbel.
- O pacto do Euro vai producir un efecto depresor sobre a demanda nunha conxuntura practicamente recesiva como a actual.
É, asemade, un atentado á democracia porque se volven a impor aos pobos políticas moi gravosas sen que estes teñan a posibilidade de manifestar se é iso o que desexan.
Unha vez máis, queren someter a Europa para salvar os poderes financeiros e fixérono pola porta de atrás, impedindo que os pobos se pronunciasen.
O Pacto do Euro é, en realidade, un pacto contra Europa, porque se subscribe á marxe e en contra dos seus cidadáns e cidadás.
Fonte: altermundo.org
________________________________
O Pacto do Euro traducido
O próximo 27 de xuño ratifícase en Bruxelas o próximo gran atraco socioeconómico de alcance internacional, o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos do noso continente ponse de acordo para lexislar o que o FMI, o BCE e o BM ordénanlles.
En caso de non cumprir estas ordes ou de facelo con demora, xa sabemos que Moody´s, Standard&Poor´s ou Fitch (as axencias de cualificación que levaron a Grecia, Irlanda ou Portugal á ruína) esperan con ansiedade para comezar o seu ataque.
Trátase de seguir coa destrución do sector público e profundar na perda de dereitos do asalariado. A pesar do difícil que resulta acceder á información sobre o seu contido, logo de buscar e contrastar, o máis relevante vén ser:
- A fixación dos salarios no sector público debe estar en consonancia cos esforzos de competitividade do sector privado.
É dicir: novo recorte ao sector público, que debe ofrecer os mesmos beneficios que os salarios irrisorios e xornadas laborais de 50h. semanais ou máis do sector privado.
- A formulación exacta da norma será decidida por cada país pero debería garantir a disciplina fiscal tanto a nivel nacional como subnacional.
É dicir: Teñen que cambiar vostedes a súa leis porque así o esixen o FMI, o BCE e o BM.
- Aliñamento dos sistemas de pensións coa situación demográfica nacional, por exemplo aliñando a idade da pensión coa esperanza de vida.
É dicir: Que non quería xubilarse aos 67? Ok... Estudaremos se pode ser aos 70...
- Fomento da competitividade. Coa vinculación de salarios e produtividade, principio sobre o que o presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, mostrouse de acordo.
É dicir: Fomento de xornadas de 12h. de traballo ao día por 900? ao mes, ou similares. De aí a última reforma laboral española que avoga por flexibilizar despedimentos, convenios e contratos.
- Impulso ao emprego. Os líderes expón unha rebaixa da fiscalidade para incentivar a contratación de traballadores e formación permanente.
É dicir: Impulso ao despedimento barato e as ETT. Os líderes (bancos internacionais) expón ir demolendo o sistema da Seguridade Social, estudando a introdución da figura do bolseiro perpetuo.
- Finanzas públicas. Contribuír á sustentabilidade con reformas nos sistemas de pensións e de protección social.
É dicir: Conxelación das pensións e próxima disfunción nos programas de asistencia social.
- Estabilidade financeira. Reforzo e especial atención á coordinación das políticas fiscais e loita contra a fraude.
É dicir: Como non falamos de paraísos fiscais nin evasión de impostos, xa sabe: aumento dos impostos directos e indirectos, e como non pague, lle breamos a multas, intereses e comisións.
- Control do déficit. Os líderes acordan introducir límites ao déficit na Constitución ou nas leis nacionais.
É dicir: Quizá a máis importante. O FMI, o BCE e o BM, van cambiar a Constitución e as leis de cada país, segundo convéñalles. Seguinte parada: como non pague, ao trullo.
Fonte: tiromeaomonte
Mais info en:
- democraciarealalbacete
- democraciarealyagipuzkoa
- www.attac.es/el-pacto-del-euro
- ecologistasenaccion.org
- europapress.es
- elpais.com
Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada do 19 de xuño
Xornada de mobilización baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados"
DRX
O vindeiro domingo 19 de Xuño a cidadanía está novamente chamada a tomar pacíficamente as rúas das súas localidades, sumando a nosa voz á dos cidadáns da Unión Europea.
Baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados" Democracia real Xa! convoca mobilizacións para o 19 de xuño na maioría das cidades do estado e apoia, secundando coa súa asistencia e colaborando activamente na súa difusión as organizadas por outros movementos para esas mesmas datas.
Desprovista novamente de signo político ou sindical algún, esta convocatoria está promovida por persoas de toda condición, idade e índole, que deixando ao carón as súas posibles diferenzas ideolóxicas ou culturais, retoman a súa participación na vida pública unidascontra o abuso que a clase política consentiu.
As nosas motivacións seguen sendo as mesmas que sacaron á rúa a miles de persoas o 15 de Maio; aínda que esta vez, se cabe, estamos aínda máis indignados, ante a ameaza que supón para o noso benestar social os novos recortes nos salarios, pensións, I D, sanidade e educación; a eliminación dos servizos sociais, o maior atraso na idade de xubilación, a ampliación dos impostos e os inxustos reaxustes salariale en base á produtividade e a competitividade en toda a zona euro previstos na aplicación do Pacto do Euro, que consideramos un atentado contra os dereitos sociais de alcance internacional.
É necesario esixir aos nosos Gobernante a NON firma do Pacto do Euro o próximo 27 de xuño, pois implicará maiores sacrificios para todos e todas por mor das medidas de austeridade que se queren impor e polo tanto rexeitámolo. Esiximos a reorientación das políticas públicas cara á protección do interese xeral. Esiximos que a dación en pago sexa recoñecida. Esiximos unha verdadeira repartición da riqueza e o traballo, como única saída ao desemprego. Esiximos unha vida digna para todas as persoas, onde os dereitos sexan para todas e desaparezan os privilexios da clase política, a fraude fiscal e os paraísos fiscais. Esiximos, así mesmo, cambios na Lei Electoral que ofrezan vías para unha autentica participación das persoas nas decisións públicas.
Demostramos, pois, que o 15 de Maio non foi unha mobilización con fins electorais, senón sociais. E anunciamos que seguiremos tomando as rúas ata que as nosas propostas e manifesto sexan plenamente recoñecidos; ata que deixemos de ser mercancía en mans de políticos e banqueiros. Ata que obteñamos unha Democracia Real ¡XA!
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon