sábado, xullo 16, 2011

Regresa parte do grupo de activistas de 'Rumbo a Gaza' que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do 'Gernika' e da Segunda Flotilla da Liberdade


Parte do grupo de activistas de "Rumbo a Gaza" que ocuparon durante nove días a Embaixada de España en Grecia en protesta pola inmovilización do "Gernika" e da "Segunda Flotilla da Liberdade" regresou este xoves, 13 de xullo de 2011. En concreto, chegaron ao Aeroporto de Barajas: Juan Manuel Morais, Rafael Palacios, Miguel San Miguel, Mikel Suloaga, Elvira Souto e Antón Gómez-Reino. Varias destas persoas mantiveron nos últimos días unha folga de fame ante o silencio do Ministerio de Asuntos Exteriores con respecto ás súas reivindicacións.

Á súa chegada a Barajas, o grupo de activistas mostrou ante os medios de comunicación a súa determinación para seguir loitando pola liberdade do pobo palestino e incidiu en que a orde grega de inmovilización da "Flotilla da Liberdade" e do "Gernika" e o silencio dos gobernos da Unión Europea evidenciou de forma rotunda a complicidade das autodenominadas democracias avanzadas coas prácticas delituosas do Estado de Israel.

Ademais, recalcaron que se logrou pór en primeiro plano do debate internacional o bloqueo ilegal israelí á "Franxa de Gaza", un dos grandes obxectivos da Flotilla da Liberdade.

Na sección de Prensa Resaltada podes atopar a cobertura que os medios de comunicación fixeron da chegada do grupo de activistas.

Mentres, na illa de Creta continúa o "Gernika", o barco de "Rumbo a Gaza", con oito membros da campaña a bordo. Nos próximos días a nave partirá con destino ao Estado español. O "Gernika" converteuse nun auténtico símbolo de paz e de resistencia civil no Mediterráneo. A fotografía da nave -unha embarcación civil con persoas pacíficas e desarmadas- acosada por unha patrulleira grega deu a volta ao mundo e é xa unha icona da loita non violenta por un mundo igualitario e libre.

Fonte: http://www.rumboagaza.org
___________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon