Primeiras Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, van-se celebrar desde ás 7 da Tarde dos días 7 e 8 de Outubro de 2011, no Salón de actos da Casa Solidaria de Ferrol. Na Rúa Velázquez, nº 44 (Esq. Avda. de Vigo).
Nestas xornadas AGAMME, ademais de presentarse públicamente, pretende dar a coñecer o que será o seu primeiro obxectivo: acadar a elaboración por parte da administración autonómica dun protocolo de intervención fronte o maltrato á infancia e a adolescencia, así como o desenvolvemento das políticas locais e autonómicas que o fagan aplicable.
Programa:
7 de Outubro, Venres: Cinema
- "A infancia espida", M. Pialat.
- "As cores do frío", A. Cendal.
8 de Outubro, Sábado Relatorios:
Problematizando a intervención dos Servizos Sociais na protección á infancia e á adolescencia. Laura Cruz (Profesora da Universidade da Coruña), Eva Soto (Secretaria do Colexio Profesional de Educadores/as Sociais de Galiza)
O delito de abuso sexual infantil. O problema da proba. Víctor M. López Casal (avogado).
Organiza:
AGAMME
Asociación Galega contra o Maltrato a Menores
agammeferrol@gmail.com
Baixar cartaz en formato pdf: Cartaz Xornadas
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon