domingo, outubro 02, 2011

O "Catalunya Spirit", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 3 de Outubro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez ás 7 da Tarde fronte ao Auditorio de Caranza

Tags


CONCENTRACIÓN EN CARANZA,
DIANTE DO AUDITORIO

LUNS 3 DE OUTUBRO, DESTA VEZ ÁS 7 DA TARDE

O "Catalunya Spirit", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa,  ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 3 de Outubro de 2011. Esta entrada, supon xa a 102, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 7 da Tarde [Ǹovo horario de inverno para as concentracións] mais desta volta a Concentración terá lugar no barrio de Caranza diante do Auditorio. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.




[Saíndo de REGANOSA (Mugardos) o pasado dia 17 de febreiro pola tarde . . . . Autor: Señalero]

Características do buque.
Denominación: LNG "Catalunya Spirit" - Bandeira: España - Eslora: 264 m - Manga: 42.5 m - Calado: 12m, Capacidade: 138.000 m³

O LNG "Catalunya Spirit", en febreiro do 2008, levando 93.000 toneladas de gas desde Trinidad Tobago a Bostón quedou á deriva por problemas na computadora que xestiona os séus motores, nas costas de Massachussets, frente ao Cabo Cod [+ info]

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de outubro de 2011 11:50
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon