Polo menos 700 indignad@s foron arrestados o sábado pola Policía de Nova York quen protestaban sobre a ponte de Brooklyn contra o sistema económico impulsado polo Goberno. As forzas de seguridade argumentaron que os manifestantes desatenderon as súas advertencias de non bloquear a tradicional ponte.
O grupo de persoas bloqueou durante dúas horas a ponte situada cara ao sur da cidade financeira cando xa suma dúas semanas a iniciativa dos indignad@s que acampan desde o pasado 17 de setembro na bautizada Praza Liberdade.
"Bloquearon unha pasaxe vehicular na ponte de Brooklyn. Durou un par de horas", explicou o portavoz da policía.
"Non somos anarquistas. Non somos hooligans (vándalos). Son un home de 48 anos de idade, (e penso que) o 1 por cento máis alto controla o 50 por cento das riquezas en EE.UU.".
Fontes do Departamento de Policía de Nova York, sinalaron que algúns dos detidos foron liberados horas despois mentres que o resto deberá permanecer arrestado por 24 horas e ata poderían ser citados por un tribunal.
@s indignad@s expresaron a súa solidariedade cos centenares de persoas que fixeron público o seu descontento contra os bancos e o sistema político impulsado polo presidente Barack Obama nun país onde a taxa de desemprego sitúase no 9 por cento con máis de 40 millóns de persoas sen traballo.
Os impulsores da protesta coñecida como Ocupa Wall Street, teñen previsto estender as súas ideas cara a outras cidades do país norteamericano como Boston, Chicago e San Fransisco.
Adicional ás protestas contra a política financeira da cidade, o venres, unhas dúas mil persoas mobilizáronse en nome de Ocupa Wall Street con rumbo á base da policía de Nova York para reclamar o comportamento das forzas da orde.
O pasado 25 de setembro, uns 80 activistas foron arrestados por manifestar na vía pública e por bloquear o tráfico.
Fonte: teleSUR - Bbc Mundo - Afp - Efe / dg -FC
Fonte: http://youtu.be/c6_GTzP66rc
Outros artigos relacionados de interese en Cuba Debate:
- A ocupar Wall Street (02-10-11)
- Xa hai máis de 700 detid@s por protestas na Ponte de Brooklyn (02-10-11)
- Deteñen a máis de 20 Indignad2s en Boston (+ Video) (01-10-11)
- EEUU: Nós somos o 99 por cento / WE ARE THE 99 PERCENT (+ Fotos) (01-10-11)
- @s "indignad@s" de Nova York pasaron a súa primeira noite fronte a Wall Street (+ Fotos) (18-09-11)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon