"A morte de Muammar ao-Gaddafi foi celebrada con suma alegría nos palacios presidenciais occidentais, esa mesma alegría estivo ausente na maioría do pobo libio. Para Thierry Meyssan, este asasinato militarmente inútil foi perpetrado polo Imperio non soamente como exemplo, senón tamén para desestructurar a sociedade tribal libia" [*]
A grande maioría dos medios de comunicación occidentais, pretenden facer-nos ver que todo o pobo libio celebra a morte de Gadaffi, cousa que non é certa, máis ben todo o contrario. Os que si celebraron o asasinato en forma de linchamento de Gadaffi e de centos de combatentes libios sen respectar as convencions internacionais, foron os mandatarios da OTAN, ... Hillary Clinton, Zapatero, Trinida Jimenez, Rajoi, Obama, Sarkozy, Cameron, ... as grandes compañías multinacionais do petróleo.... Os titeres do novo goberno neocolonial, da CNT -Consello Nacional de Transición- e da Al Qaeda libia. O nível ético ao que chegaron todos estes defensores humanitarios fala por si só. A opinión pública mundial non tardará e dar-se conta do fiasco hipócrita de occidente na Libia, ao que só lle importa o controlo dos seus recursos naturais: auga, gas e petróleo. Ao Capitalismo e ao Imperialismo nunca lle importaron as persoas. As decenas de miles de bombas da OTAN que ainda encima causaron tantas mortes inocentes e destruíron o país co maior índice de desenvovimento humano da África, os imperialistas, van-nas cobrar con creces, non só co roubo dos depósitos bancarios do Estado Libio en entidades de Usamérica e Europa, senón co custo da futura reconstrución das cidades e infraestruturas, así como coa explotación directa das enormes reservas petrolíferas e de GNL.
Máis que se pensa que o pobo libio vai quedar cos brazos quedos, sen ofrecer resistencia? isto non é creíbel, a resistencia xa está en marcha. Frente ao neocolonialismo, frente a ocupación imperialista, frente ao roubo dos recursos naturais, frente a tanta agresión, xa hai resistencia:
A Voz da Resistencia Libia - Benvido ao sitio web, verde vivindo en Libia, para abaixo a OTAN imperialista
http://www.resistencialibia.org/
A Voz de Libia - Reflexións sobre a Libia
http://lavoixdelalibye.com/
Web de Leonor Massanet
http://www.leonorenlibia.com/
Un pouco de obxectividade en: Alxeria- ISP a actualidade en Alxeria
http://www.algeria-isp.com/
Por Xan do Couto
Debuxo de Medina
[*] Thierry Meyssan na Rede Voltaire.
Enviado por:
Inácio M.
inaciogz@gmail.com
24 de outubro de 2011 12:11
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon