De novo un gaseiro cargado con gas natural licuado -LNG, entrou na Ría de Ferrol, era o LNG "Iberica Knutsen", este fai o número 112 desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Este buque entrou hoxe, Luns 20 de Febreiro de 2012, ás 3:15 h. de madrugada, em preamar nocturna, cando o tería que facer sobre as 15:40h en preamar diúrna. Unha vez máis a soma de despropósitos e irresponsabilidades, tanto da empresa Reganosa, como das autoridades portuarias, supoñen un moi grave potencial perigo para a poboación que vivimos na contorna da nosa Ría. A cobiza dos promotores sen escrúpulos e a necidade da Autoridade Portuaria, está por encima da vida e seguridade da poboación. A nocturnidade e falta de visibilidade, poden supoñer un grave risco, á hora de poñer proa na bocana da Ría, pois o potencial perigo aumenta polo escaso calado da canle de entrada de máis de 4.000 metros de lonxitude, estreita e sinuosa.
Ante tanto despropósito, activistas do Comité Cidadán de Emerxencia volveron realizar, unha vez máis, unha concentración sonora para denunciar e protestar ante tanta irresponsabilidade e corrupción. Desta vez foi na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Na concentración tomou a palabra o Coordenador do Comité, o compañeiro "Lalán" que denunciou as irregularidades de entrada do LNG "Iberica Knutsen", e mesmo reiterou unha vez máis a denuncia contra o complexo petroquímico de Punta Promontorio, ... volveu facer un chamamento de solidariedade coa xente do mar, maricadoras e mariscadores encausados polo asunto do LNG "Galicia Spirit" de Maio de 2007.
A continuación presentamos un vídeo do acto de hoxe que por razóns técnicas non recolle toda a moi boa intervención do Coordenador do Comité -X. M. Rodríguez Carballeira. O cal lamentamos, pois sería un moi bon documento resumo da actual situación da loita contra o despropósito gasista que Reganosa ten instalado en Mugardos, coa colaboración de institucións e partidos políticos (PSOE, BNG e PP).
http://youtu.be/pU0ljWb9n9w
Galería de Fotos de Susete'70
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon