mércores, febreiro 22, 2012

Carta a Jesús Rodríguez Pumar, propietario da antiga Fábrica de Lápis, ... Por Francisco Maceira - Polo mesmo autor: "As ratas da fábrica de lápis de Ferrol"

Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, propietario da fábrica de lapis

Por Francisco Maceira [*]
22.02.2012


Entendo, don Jesús, que, despois de tantos anos de litixio, queira exercer o seu dereito a edificar no solar da fábrica de lapis. Que queira derrubala para levantar vivendas porque a eso precisamente se adica JERPU, empresa da que vostede é propietario. O que xa non entendo tanto é porqué non intenta encaixar o seu proxecto co do Colexio Oficial de Arquitectos ou dos expertos en patrimonio -algún vido de fóra do país- que recomendan conservar elementos , sinais de identidade do noso pasado industrial.

Por que non se chegou a reunir cos que lle querían dar unha visión distinta sobre o tema? Descubrir porqué Hispania é algo máis que unha ruína ou unha niñada de ratas.

Ninguén do seu arredor soubo explicarlle que unha pala tirando cheminea e fachada da fábrica non é progreso. Todo ó contrario, é barbarie. Persoalmente creo que está mal asesorado. Na vida hai algo máis que cartos e cemento. Pode que incluso economicamente fose máis rendible manter en pé ó imaxinario de Johan Sindel.

De tu a tu, don Jesús, teño moitos menos cartos que vostede, pero nin polo dobre dos que ten me gustaría pasar á Historia como o home que destruíu un dos bens máis emblemáticos do patrimonio industrial ferrolán.

[*] Francisco Maceira Rodíguez -Ferrol, 1963.
f.maceira@hotmail.com


Enviada por:
Francisco Maceira
-f.maceira@hotmail.com-
22 de fevereiro de 2012 10:45
______________

As ratas da fábrica de lápis de Ferrol
Francisco Maceira (Ferrol)

Leo estes días na prensa opinións a favor do derrubo da fábrica de lápis de Ferrol. Argumentan que é un edificio carente de valor e que hai moitas ratas. Non din así autoridades expertas en patrimonio industrial que confirman a necesidade de manter alomenos as súas sinais identitarias :fachada, cheminea... Conservar estas pezas non está reñido cos beneficios económicos que lexítimamente reclaman os actuais propietarios do inmoble. Todo o contrario pois as vivendas incrementarían o seu valor si se ubican dentro deste ben único do pasado industrial ferrolán. Cabe recordar que no nome das ratas derrubouse no seu día o barrio de Esteiro. Tamén se vendeu o buque escola "Galatea". No nome das ratas quíxose tirar o casco histórico de Santiago e as murallas de Lugo. Non podemos deixar temas tan importantes como a conservación do noso pasado en mans dos políticos . É verdade que o mundo do Johann Sindel está ameazado polas ratas. Pero non as do solar -que non as hai- senón polas que pululan por dentro das nosas institucións.

Publicado no xornal Diagonal - Lunes 6 de Febreiro de 2012
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon